Back

ⓘ Universidade de Vigo. A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta c ..



                                               

Susana Carro

Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Oviedo doutorándose en Filosofía coa tese Del arte feminista al arte femenino. Investiga na construción simbólica e xurídica da maternidade, coordina o colectivo artístico OffMother e traballa sobre o amor romántico. En Cuando éramos diosas reivindica a necesidade das mulleres de crear unha propia épica como tales.

                                               

Eleccións xerais de Suráfrica de 2014

As eleccións xerais de Suráfrica de 2014 tiveron lugar o 7 de maio de dito ano para escoller os 400 membros da vixésimo cuarta Aeamblea Nacional e renovar as lexislaturas provinciais, que á súa vez elixirían os 90 membros do Consello Nacional das Provincias, configurando así a lexislatura do Parlamento de Suráfrica para o período 2014-2019. Foron as quintas eleccións xerais desde a fin do Apartheid en 1994, e os primeiros comicios desde a morte de Nelson Mandela. Tamén foi a primeira vez que se lles permitiu votar aos surafricanos residentes no exterior. O resultado foi unha quinta vitoria ...

                                               

Manuel Rodríguez Cadaval

Fillo dunha familia de avoengo, estudou latín no Seminario de Tui. Alumno da Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Dereito. Abriu bufete en Vigo e afiliouse ao Partido Conservador do que foi xefe. Foi deputado provincial, asesor do concello e conselleiro do Banco de España. Aconsellou ao alcalde Adolfo Gregorio Espino para que fixese xestións con José Elduayen amigo de ámbolos dous para a doazón do Pazo de Castrelos e o seu parque ao concello. Foi presidente da sociedade Recreo Artístico de Vigo, que organizaba certames literarios e musicais en Vigo e afeccionado á caza.

                                               

Anxo Xoán Rajó Pazó

Comezou Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e rematou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu clases de Lingua Galega e Literatura e varios institutos galegos. Foi coordinador de literatura na Enciclopedia Galega Universal EGU e coordinador xeral do Diccionario Enciclopédico Galego Universal DEGU en Ir Indo Edicións. Colaborou na revista da Sociedade para o Estudo e a Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico de Galicia. É membro da fundación Premios da Crítica Galicia. Editou no Centro Ramón Piñeiro Contos do turreiro de Avelino Rodrí ...

                                               

Víctor de las Heras

Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid. Regresou a Vigo anos setenta. Foi correspondente de Tiempo e colaborou nas revistas viguesas El Pope e Informe Gallego. A finais dos anos oitenta traballou como free lance en Panamá e no Brasil e foi cofundador e responsable da área de fotografía da revista Pueblo Gallego 1997.

                                               

Antón Rubal

Actor e director de dobraxe dende 1985, sendo a voz habitual de actores como Alain Delon, Ben Affleck e Daniel Craig. É recoñecido por ser a voz de Son Goku adulto, subtituíndo a Julio Lorenzo a partir do episodio 244 de Dragon Ball Z e continuando nas producións posteriores da saga. Tamén colaborou na versión en galego de filmes como Pulp Fiction ou Apocalypse Now de series como A Nanny sendo a voz de Maxwell Sheffield, O príncipe de Bel-Air, Heidi ou Marco. Como director de dobraxe traballou en series como Dragon Ball GT ou filmes como Xogo de armas ou Escuadrón Suicida. É profesor de do ...

Universidade de Vigo
                                     

ⓘ Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.

Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

                                     

1. Historia

O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en 1972 da construción do citado nas Lagoas, en Marcosende, na parroquia de Zamáns, e baixo o patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.

A Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma. A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro reitor 1990-1994 foi o enxeñeiro químico Luís Espada Recarey que sería substituído no cargo polo profesor José Antonio Rodríguez Vázquez 1994-1998. Entre os anos 1998 e 2006 o posto estivo en mans do catedrático redondelán Domingo Docampo Amoedo, entre 2006 e 2010 Alberto Gago Rodríguez, e entre 2010 e 2018 Salustiano Mato.

A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000 29 000 alumnos/as, desde entón houbo un continuo descenso do alumnado. En 2006 contaba con 21 263 matriculados/as 12 820 no Campus de Vigo, 4 991 no de Ourense e 3 452 no de Pontevedra. No curso 2016-17 o número total de estudantes ascendía a 21 235.

                                     

2. Campus

A Universidade de Vigo conta con tres campus en diversas poboacións do territorio galego: Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Campus de Vigo atópase distribuído en diversas sedes sendo a principal a cidade universitaria das Lagoas-Marcosende situada na parroquia de Zamáns, non obstante, no centro da antedita sitúase a chamada Sede Cidade asentada nun edificio da década de 1930 deseñado polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez. Este edificio está situado na rúa Conde de Torrecedeira, coñecido durante moito tempo como Escola de Peritos Industriais é hoxe parte da Escola de Enxeñaría Industrial da UVIGO.

O Campus de Pontevedra dispón de varios espazos dentro da cidade homónima. Posúe un campus central coñecido como A Xunqueira sito na zona norte da vila, alén de diversas facultades no centro da cidade. A sede do vicerreitorado está enclavada na Casa das Campás, un edificio histórico de propiedade municipal cedido para uso da Universidade de Vigo.

O Campus de Ourense atópase plenamente inserido no casco urbano da cidade.

                                     

3. Centros docentes

Campus de Vigo Centro

  • Estación de Ciencias Mariñas de Toralla ECIMAT
  • EU de Estudos Empresariais
  • Escola de Enxeñaría Industrial

Centros adscritos

  • EU de Maxisterio "María Sedes Sapientiae"
  • EU de Enfermaría Meixoeiro
  • Escola de Negocios Afundación
  • EU de Enfermaría Povisa

Centros adscritos

  • Centro Universitario da Defensa Escola Naval Militar de Marín
  • Escola Universitaria de Enfermaría
                                     

3.1. Centros docentes Campus de Vigo As Lagoas-Marcosende

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Facultade de Ciencias do Mar
  • Facultade de Bioloxía
  • Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
  • Facultade de Filoloxía e Tradución
  • Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación CACTI
  • Facultade de Química
  • Centro de Investigación Biomédica CINBIO
  • Escola de Enxeñaría Industrial
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial MTI
  • ETS de Enxeñaría de Minas
                                     

3.2. Centros docentes Campus de Vigo Centro

  • Estación de Ciencias Mariñas de Toralla ECIMAT
  • EU de Estudos Empresariais
  • Escola de Enxeñaría Industrial
                                     

3.3. Centros docentes Campus de Pontevedra

  • Facultade de Belas Artes
  • Escola Superior de Enxeñaría Forestal
  • Facultade de Fisioterapia
  • Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
  • Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
                                     

3.4. Centros docentes Centros adscritos

  • Centro Universitario da Defensa Escola Naval Militar de Marín
  • Escola Universitaria de Enfermaría
                                     

3.5. Centros docentes Campus de Ourense

  • Facultade de Ciencias
  • Centro de Investigación, Transferencia e Innovación CITI
  • Facultade de Historia
  • Facultade de Ciencias da Educación
  • Escola Superior de Enxeñaría Informática
  • Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Facultade de Dereito
                                     

4. Estrutura de goberno

O 20 de maio de 2010 celebráronse eleccións ao reitorado con dúas candidaturas: Nova Universidade, liderada por Jaime Cabeza Pereiro, e Alternativa Universitaria, liderada por Salustiano Mato. Esta última resultou a vencedora na cita electoral acadando o 52.6 % dos votos. ano 2014, Mato presentou a súa candidatura por Nova Universidade e obtivo a reelección por 751 votos nuns comicios aos que acudía como único candidato. Desde o 4 de xullo de 2014 ata o 2018 a xunta de goberno da universidade estivo composta por:

  • Vicerreitoría de Planificación e Economía: José Manuel García Vázquez
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia: María Asunción Longo González
  • Vicerreitoría de Estudantes: Dolores González Álvarez
  • Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais: Manuel Fernández Iglesias
  • Secretaría Xeral: Gloria Pena Uris
  • Reitor: Salustiano Mato de la Iglesia
  • Vicerreitoría do Campus de Pontevedra: Juan Manuel Corbacho Valencia
  • Vicerreitoría do Campus de Ourense: Virxilio Rodríguez Vázquez
  • Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado: Ana María Graña Rodríguez


                                     

5. Graos, mestrados, estudantado e outros datos de interese

Desde a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo foi pouco a pouco incrementando tanto o número de titulacións como a cantidade de profesorado e alumnado.

A universidade ten nos seus tres campos 22 centros universitarios propios, 7 centros adscritos e 5 centros tecnolóxicos, e que cobren 140 áreas do coñecemento. Neles predomina as titulacións en ciencias sociais e xurídicas e as enxeñarías En 2017 a universidade formaba a 21 235 estudantes: 17237 cursando graos, 2048 mestrados e 1365 doutoramentos. Así mesmo, tiña a 1376 persoas adicadas a investigación e docencia, 434 investigadores en formación ou técnicos e 484 persoas vencelladas a proxectos. O persoal de administración de servizos foron 702 persoas. Ademais, pasou dun investimento en investigación de 0.51 millóns de euros ano 1991 a 5.23 millóns no 2001. O orzamento total da institución para 2016 ascende a 160.586.524 €. A meirande parte do gasto corresponde a gasto de persoal e gastos correntes e distribuído na súa maioría nos grupos de investigación tecnolóxica e xurídica e social.

Charrasquiño
                                               

Charrasquiño

De compás ternario, o baile foi recollido en distintos concellos do occidente galego: Tordoia, Carcacía, Caldas de Reis, etc. Acompáñase con canto e pandeiretas, as cantareiras determinan o seu ritmo polas cantigas que botan e que son acompañadas polos bailadores. O baile atópase, con variantes en nome, música e letra, por toda a península ibérica.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →