Back

ⓘ Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. O Estatuto de autonomía de Galicia, é a norma institucional básica de Galicia. No marco da Constitución española de 19 ..



Estatuto de autonomía de Galicia de 1981
                                     

ⓘ Estatuto de autonomía de Galicia de 1981

O Estatuto de autonomía de Galicia, é a norma institucional básica de Galicia. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.

Tivo o seu precedente no Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado o 28 de xuño de 1936 por maioría en referendo, cando era xefe do goberno da Segunda República Española o galego Santiago Casares Quiroga.

No estatuto recóllese entre outras cousas:

  • Diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.
  • O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a cooficialidade co castelán
  • A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais
  • O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro
  • Os símbolos propios do país galego: bandeira, escudo.
  • Facenda e patrimonio propios

Logo de ser aprobado en referendo polo pobo galego o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha moi baixa participación na votación, o 6 de abril de 1981, este estatuto foi asinado por O rei Xoán Carlos I de España, e polo presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, no Palacio Real de Madrid.

                                     

1. Historia

A Asemblea de Parlamentarios galegos constituída o 25 de xullo de 1979, que de acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978, tiña as competencias para elaborar e aprobar o proxecto de autonomía, acordou nomear unha comisión composta por 16 representantes de partidos con e sen representación parlamentaria para elaborar un primeiro texto. 8 dos membros pertencían á UCD, 2 ao PSOE, 2 a AP, 1 ao PCG, 1 ao POG, 1 ao PG e 1 ao PTG. O texto que elaborou esa comisión coñeceuse como o Estatuto dos 16 e foi considerado por partidos nacionalistas de esquerdas como pouco ambicioso de segunda orde en relación a Cataluña e o País Vasco, polo que se convocou unha manifestación en Vigo para o 4 de decembro de 1979 que resultou multitudinaria, dando lugar a que Adolfo Suárez recoñecera que se errara na elaboración do estatuto galego.

                                     

2. Véxase tamén

Outros artigos

  • Referendo do estatuto de autonomía de Galicia de 1980
  • Estatuto de autonomía de Galicia de 1936

Bibliografía

  • Díaz, Ceferino 2007. A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-042-6.

Ligazóns externas

  • Texto íntegro do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981 da páxina da Xunta de Galicia
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →