Back

ⓘ Consello Superior de Investigacións Científicas. O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñ ..



                                               

Alliance Niyigena

Alliance Niyigena, nada na Ruanda en 1992, é unha enxeñeira norueguesa, ten o dobre grao de enxeñaría eléctrica e enxeñaría mecánica, investigadora no campo da enerxía e a mobilidade, en novas fontes de enerxía para conseguir unha transición enerxética dos combustibles fósiles a fontes de enerxía sustentables.

                                               

Guadiamar

O río Guadiamar é un río do sur de España, discorre por Andalucía e constitúe o último dos grandes afluentes que recibe o Guadalquivir pola súa marxe dereita, antes da súa desembocadura.

                                               

María Asunción Català

María Assumpció Català i Poch, nada en Barcelona o 14 de xullo de 1925 e finada no mesmo lugar o 3 de xullo de 2009, foi unha profesora, matemática, e astrónoma española, que se dedicou á docencia dende 1952 até 1991. Comezou como axudante da Sección de Astronomía do Seminario Matemático de Barcelona, ligado ao Padroado de Alfonso X o Sabio do Consello Superior de Investigacións Científicas CSIC. Posteriormente, traballou no Instituto Henri Poincaré e tamén colaborou coa cátedra especial de Tecnoloxía da Universidade Politécnica de Cataluña. En 1970, converteuse na primeira muller que obti ...

Consello Superior de Investigacións Científicas
                                     

ⓘ Consello Superior de Investigacións Científicas

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertence ó Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu logotipo é a Árbore da Sabedoría.

                                     

1. Orixe

Foi fundado ano 1939, en substitución da Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas que fora fundada ano 1907 no seo da Institución Libre de Enseñanza ILE. O que comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en Europa, que contaba con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como Charles Darwin, Henri Bergson e León Tolstoi, foi reestruturado polo goberno franquista co nome de CSIC. A antiga Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre, pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación José Ibañez Martín, e por outra o membro do Opus Dei, o edafólogo José María Albareda.

                                     

2. Funcionamento

Réxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica Lei 13/1986 de 14 de abril.

Os obxectivos e funcións actuais do CSIC, de acordo coa citada Lei e co seu regulamento R.D. 140/1993 de 29 de xaneiro, son:

  • Realizar proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
  • Colaborar co Plan Nacional de I+D.
  • Colaborar coas Comunidades Autónomas nas súas propias actividades de investigación.
  • Colaborar coas universidades nas súas propias actividades de investigación.
  • Formación de investigadores e técnicos científicos.
  • Fomentar a ciencia
  • Asesorar ás administracións en materia científica.
                                     

3. Divulgación

Dentro do fomento da ciencia, o CSIC contempla tamén a divulgación. Así, durante a pandemia do COVID-19, na súa web púidose ver unha páxina cunha relación de ligazóns a instruméntos didácticos de iniciación á investigación.

                                     

4. Delegación en Galicia

Da Delegación en Galicia do CSIC dependen o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Conta cunha Unidade de Cultura Científica UCC para promover a divulgación.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →