Back

ⓘ Deportivo da Coruña. O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ..



                                               

Iago López

Iago López Carracedo, nado en Castro de Ribeiras de Lea o 6 de abril de 1999, é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito na UD Logroñés da Segunda División, cedido polo Girona FC.

                                               

Nacho Fernández Goberna

Ignacio Luis Fernández Goberna, nado en Donostia o 30 de xullo de 1964, é un cantante, guitarrista e compositor español, coñecido principalmente por formar parte entre 1985 e 1993 do dúo La Dama se Esconde. É fillo do histórico futbolista galego Pahiño e irmá menor de Patricia Fernández Goberna, cantante de Trigo Limpio, e participante no Festival de Eurovisión.

Deportivo da Coruña
                                     

ⓘ Deportivo da Coruña

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2020–21 compite no subgrupo A do grupo I da segunda división B, logo de descender na tempada anterior. Con todo, xogou 25 das últimas 30 tempadas en primeira división, 20 delas consecutivas e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.

Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas Copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.

Logo de 46 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española. O club conta con 196 agrupacións de afeccionados segundo datos de outubro de 2020.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.

                                     

1.1. Historia Primeiros anos

O Club Deportivo da Sala Calvet foi fundado o 2 de marzo de 1906 por un grupo de alumnos dese ximnasio coruñés propiedade de Federico Fernández-Amor Calvet, sendo nomeado presidente do club Luís Cornide Quiroga. Dende a súa fundación, o Deportivo mantivo unha gran rivalidade co Real Club Coruña. En 1909, o club obtivo o título de Real, pasando a chamarse Real Club Deportivo da Sala Calvet.

ano 1910 o Deportivo xogou un dos dous trofeos da Copa do Rei que se xogou ese ano, o organizado pola Federación Española de Clubs de Fútbol disputado en Madrid en formato triangular entre os deportivistas, o Futbol Club Barcelona e o Club Español de Madrid. En 1911, o club muda o seu nome polo de Real Club Deportivo da Coruña. Entrementres, as disputas entre o Deportivo e o Coruña non paran de aumentar, chegando un punto no que a directiva deportivista decide non xogar máis partidos cos coruñistas.

Porén, en xullo de 1914 os xogadores do Deportivo deciden unilateralmente disputar dous encontros fronte ó Coruña. A directiva non apoia a decisión, provocando que os xogadores abandonen o club e funden o Deportivo F.C. Auténtico. En 1918, prodúcese un acordo e os xogadores deciden disolver o club escindido e regresar á estrutura do Real Club Deportivo. Durante as seguintes tempadas, o Deportivo participa no Campionato de Galicia, torneo do que se proclamou campión seis veces antes de que fose suprimido en 1940.

                                     

1.2. Historia Fundación da Liga e ascenso a Primeira

O Deportivo quedou encadrado, no primeiro campionato de Liga celebrado en 1929 no grupo primeiro da segunda división, formada por dez equipos: Sevilla, Iberia, Alavés, Sporting, Valencia, Betis, Oviedo, Celta, Racing Madrid e Deportivo, que finalizaría na oitava posición. Permanecería o club en devandita categoría dez tempadas ata lograr o ascenso á primeira división na tempada 1940/41. O ano anterior foi campión do seu grupo en segunda, pero non logrou ascender ó perder o encontro de promoción ante o Celta de Vigo por 1-0. Na súa primeira participación en primeira división quedou cuarto, destacando as vitorias fronte Real Madrid 1-0, Celta 4-0 e Barcelona 1-0. O seu porteiro, Juan Acuña, logrou ser o porteiro menos batido da competición, honor que volvería conseguir na tempada seguinte.

A inauguración do novo Estadio de Riazor, en 1944 fronte ó Valencia, foi o preludio do descenso do club de novo á segunda división. Tras sucesivos ascensos e descensos, o Deportivo acada o seu primeiro subcampionato de liga na tempada 1949-50, na que se alzaría co título o Atlético de Madrid, que conseguiu un punto máis que o Deportivo. Logo do subcampionato o club rematou en postos que lle permitían manter a categoría con tranquilidade. En 1951 o equipo fichou dous arxentinos, Corcuera e Oswaldo, que xunto a Franco, Moll e Tino formaron a dianteira coñecida como a "Orquestra Canaro", e que marcaría na tempada 1950-51 64 goles en 30 partidos. Permanecería o club herculino en primeira división ata a tempada 1956-57. Na tempada 1961-62 o equipo recuperou a categoría, porén a pesar do bo inicio da tempada, gañando o Trofeo Teresa Herrera ante un Benfica que viña de proclamarse campión de Europa, o equipo descendeu tras finalizar a tempada. Dende ese momento o equipo collería a fama de equipo "ascensor" polos seus continuos ascensos e descensos, se ben na tempada 1968-69 conseguiu manterse dous anos consecutivos na máxima categoría. En xullo de 1969, o presidente González nomeou xerente ó xornalista deportivo Manuel Fernández Trigo.

                                     

1.3. Historia Os peores anos

O 30 de decembro de 1970, co equipo en Segunda, chegou ó banco branquiazul Arsenio Iglesias. Baixo a dirección do adestrador arteixán o equipo conseguiu de novo o ascenso á primeira división logo de finalizar na terceira posición e conseguir unha das catro prazas de ascenso directo á máxima categoría do fútbol español, que se ía ampliar a 18 equipos na seguinte tempada fronte aos 16 que viñan competindo. Arsenio conseguiría manter ó equipo en Primeira dúas tempadas, conseguindo a 14ª posición na tempada 1971-72, porén na tempada 1972-73 o equipo finalizou na penúltima posición, descendendo unha vez máis á Segunda División. Ó final da tempada Arsenio marcharía para o Hércules. Esa sería a última tempada que o equipo herculino xogaría en Primeira, tiveron que pasar 18 anos ata que na tempada 1991–92 o Deportivo volveu xogar en Primeira.

Na tempada seguinte tocou fondo descendendo a Terceira División logo de perder por 2 goles a 0 no campo do Barakaldo o 26 de maio de 1974. O descenso provocou a dimisión do daquela presidente, Manuel Sánchez Candamio cuxa xestión fora moi criticada, ocupando o seu lugar Antonio Álvarez Rodríguez e o cesamento de tres adestradores e fichaxes que non deron os resultados esperados, aínda que as lesións tampouco axudaron o equipo a evitar o descenso. Esa tempada, a 1974–75, e baixo a dirección de José Antonio Irulegui e con xogadores como Seoane, Belló, Luis, Canosa, Cobas, Caamaño, Piño, Vales, Castro, Muñoz e Rabadeira, o equipo proclamouse campión na categoría, ascendendo novamente. Na tempada do seu regreso á categoría de prata o equipo herculino acadou o 5º posto na clasificación, con todo, desde ese momento o club experimentou un declive deportivo nas seguintes campañas que finalmente o conduciría, na tempada 1979-80 logo de cinco tempadas en Segunda, a descender á recentemente creada Segunda B, categoría na que só xogou unha tempada, a 1980–81, na que finalizaron na segunda posición, o que lle outorgou unha das prazas de ascenso directo xunto co seu máximo rival, o Celta de Vigo, que descendera un ano antes. Tras o ascenso viñeron dez tempadas consecutivas na división de prata.

Con todo, a situación económica do club, cunha débeda que non paraba de medrar dende había varios anos, e que ascendía anos 1980s a 600 millóns de pesetas, era complicada. Por outra banda, os resultados deportivos non acompañaron, e na tempada 1987-88 o equipo estivo a piques de descender de novo á Segunda B, conseguindo a permanencia na derradeira xornada. Ese mesmo ano marcaría un punto de inflexión na historia do club coruñés, o 13 de xuño de 1988 celebrábase no Colexio dos Salesianos unha asemblea aberta e popular na que foi elixido presidente Augusto César Lendoiro. Logo de acceder á presidencia, Lendoiro deu os primeiros pasos para levar o equipo ó cumio, modernizando a institución e fichando xogadores de peso que aumentaran o nivel do equipo. O regreso de Arsenio na tempada seguinte e a recuperación económica deron paso, logo dun intento no 1990 que fallou, ó subcampionato e o ascenso a primeira división na tempada 1990-91 tras case dúas décadas en Segunda División. O Deportivo pasaría de ser dun equipo ascensor e ó bordo da desaparición, a un equipo que anos máis tarde estaría á par dos grandes de Europa.



                                     

1.4. Historia O Superdépor

Logo dunha tempada de transición cun equipo que combinaba veteranía e xuventude dirixido por Marco Antonio Boronat, que sería substituído por Arsenio Iglesias para salvar o equipo do descenso, na tempada 1992-93, o club viuse obrigado a converterse en Sociedade Anónima Deportiva. O club deseñou un modelo de accións economicamente alcanzables e primou os pequenos accionistas fronte aos grandes. Co obxectivo de non volver sufrir para manter a categoría realizáronse as fichaxes dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva e o seu terceiro posto na Liga esa tempada realizando un bo xogo, supuxeron o nacemento do que se veu en chamar Superdépor ". Aínda que o Deportivo caeu na cuarta rolda da copa do rei fronte ó Club Polideportivo Mérida, de segunda división, logo da quenda de penaltis, o terceiro posto conseguido na tempada 1992-93 valeulle ó equipo herculino para clasificarse para a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia. Esa tempada Bebeto finalizou como máximo goleador da liga con 29 goles, converténdose no primeiro deportivista en conquistar o Trofeo Pichichi.

A tempada 1993-94 iniciouse coa viaxe do equipo branquiazul a Dinamarca para enfrontarse ó Aalborg BK, o seu primeiro rival na Copa da UEFA, ó que conseguiu eliminar por un contundente 5-1 no cómputo global, logo de caer por un gol a cero no Aalborg Stadion de Aalborg e derrotar os dinamarqueses na Coruña por cinco goles a cero o 28 de setembro. Na segunda rolda da competición europea o Deportivo eliminou ó Aston Villa inglés, que viña de conseguir o subcampionato da Premier League, por un marcador global de dous goles a un, logo de gañar o partido de volta no estadio de Villa Park en Birmingham 0-1. Finalmente o Deportivo caeu eliminado nos oitavos de final polo Eintracht Frankfurt alemán logo de perder por un gol a cero os dous partidos. O equipo que debutou na Copa da UEFA foi o seguinte:

Na liga, o Deportivo estivo a piques de adxudicarse a súa primeira liga, logo de manterse á fronte da clasificación boa parte da tempada de chegar á derradeira xornada con opcións ó título. Con todo, un penalti malogrado polo serbio Djukic no último minuto do partido disputado contra o Valencia que pechaba o campionato deulle o título ó FC Barcelona, que finalizou cos mesmos puntos que os herculinos. Ademais, esa tempada o Dépor conseguiu o Trofeo Zamora con Liaño, que converteu o Deportivo no mellor equipo defensivo nunha tempada de Liga, encaixando tan só 18 goles nas 38 xornadas de Liga, o que fai unha media de 0.474 goles/partido.

Nas dúas seguintes tempadas 1994-95 o equipo logrou de novo o subcampionato de Liga e chegou aos oitavos de final da Copa da UEFA, onde o Borussia Dortmund alemán o privou de chegar aos cuartos de final. Con todo, o maior éxito da tempada foi a consecución do primeiro título do club coruñés a nivel estatal, a copa do rei. O equipo venceu en Madrid ó Valencia CF 2-1, nun partido que se tivo que suspender por mor da intensa choiva que inundou o Estadio Santiago Bernabéu nos últimos minutos, e que obrigou a continuar o partido días despois. Os autores dos tantos da final foron Manjarín e Alfredo. O equipo que conquistou a primeira copa do rei para o club foi o seguinte:

Antes da tempada 1995-96 Arsenio deixou o banco coruñés e decidiu retirarse, sendo substituído polo técnico galés John Benjamin Toshack. A tempada comezou cun novo título, ó alzarse coa Supercopa de España tras vencer o Real Madrid a dobre partido. Ademais o Deportivo conseguiu chegar ás semifinais da desaparecida Recopa de Europa, onde foi eliminado polo Paris Saint Germain, que finalmente se alzaría co título, por un dobre 0-1. Na liga o equipo finalizou na 9ª posición e Bebeto decidiu non continuar do Deportivo, aceptando unha oferta do Flamengo brasileiro. Na tempada 1996-97 coa chegada de xogadores estranxeiros como Rivaldo, Naybet ou Songoo, o Deportivo logra un terceiro posto na liga logo dun inicio ligueiro no que bateu o seu récord de xornadas imbatido, 17 xornadas imbatido; con todo unha fase de malos resultados provocaron a saída de Toshack a falta de 19 xornadas para o final da competición, sendo substituído polo brasileiro Carlos Alberto Silva.

A pesar da chegada de reforzos como Djalminha ou Luizão, a seguinte foi unha mala tempada para un Deportivo que viu como a poucos días do inicio da liga o Barça fichaba a Rivaldo logo de pagar a cláusula de rescisión de 4.000 millóns. Finalmente o equipo coruñés foi eliminado da Copa da UEFA na primeira rolda fronte ó AJ Auxerre por 2-1 e 0-0.

                                     

1.5. Historia O Eurodépor

Na tempada 1998–99 chegou ó banco coruñés o adestrador irundarra Javier Irureta procedente do Celta de Vigo. Nese momento chegan ó club xogadores como Manuel Pablo, Scaloni, Pauleta ou Turu Flores entre outros. Logo de conquistar o Trofeo Teresa Herrera e o Trofeo Ramón de Carranza, o Deportivo finaliza a liga en sexta posición, clasificándose para a Copa da UEFA e alcanzando as semifinais da copa do rei, onde foi eliminado polo Atlético de Madrid logo de empatar 0-0 no partido de ida e perder 1-0 no partido de volta.

Na tempada 1999–00 chegaría o primeiro e único título de Liga do Deportivo. Logo dun bo inicio ligueiro, no que se mantiveron entre os primeiros clasificados, na 12ª xornada o equipo herculino situouse á cabeza da táboa, posto que xa non deixarían no que restaba de tempada. Grazas a unha boa racha de imbatibilidade os de Irureta conseguiron contar con oito puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores, con todo, unha etapa máis crítica na que o equipo non acababa de funcionar ben lonxe do seu estadio fixo que volveran as pantasmas de 1994. Esa tempada o Deportivo derrotou por 5-2 en Riazor ó Real Madrid, que meses máis tarde alzaría a Copa de Europa, así como ó Barcelona de Louis van Gaal 2-1. Con Songoo, Djalminha, Pauleta, Fran, Mauro Silva, Donato, Naybet, Turu Flores e Roy Makaay como protagonistas, o Dépor proclamouse campión de liga o 19 de maio de 2000, nun Estadio Municipal de Riazor cheo ante o Espanyol, logo de gañar 2-0 con goles de Donato e Makaay. O Deportivo pechou deste xeito unha tempada de liga na que finalmente conseguiu cinco puntos de vantaxe sobre o segundo e o terceiro clasificados: Barcelona e Valencia respectivamente, convertendo á cidade da Coruña na segunda cidade máis pequena, logo de Donostia, que conseguía un título de liga. Os xogadores que formaron parte do equipo que conquistou o primeiro título liga do club coruñés foron os seguintes:

Con todo, as participacións dos deportivistas na competición europea e na copa do rei foron máis discretas. Na Copa da UEFA os branquiazuis superaron tres eliminatorias, caendo nos oitavos de final fronte ó Arsenal F.C., que daquela marchaba segundo na Premier League inglesa. Na competición copeira tamén chegaría aos oitavos de final, sendo desta volta o Osasuna o que apearía aos de Irureta da competición. A partir de aí, e da man de futbolistas como Molina, Valerón, Diego Tristán, Sergio e moitos dos campións de liga, e tamén de man de Irureta e Lendoiro, vivíronse cinco anos de éxitos na Liga de Campións atinxindo unha semifinal e por tres veces os cuartos de final, lográronse dous novos subcampionatos de Liga e unha nova copa do rei en 2002.

O título de liga conseguido na tempada 1999-00 supuxo a clasificación directa por primeira vez na historia do club para disputar a Liga de Campións da UEFA. A tempada seguinte comezou coa chegada dun novo título, a segunda Supercopa de España, conquistada despois de derrotar ó Espanyol por 2 goles a 0 0-0 no partido de ida, e 2-0 na volta disputada en Riazor. Na estrea dos branquiazuis na Liga de Campións o equipo quedou encadrado no grupo E, xunto co Hamburger SV alemán, o Panathinaikos grego, e a Juventus de Turín, finalizando a primeira fase de grupos na primeira posición e sen coñecer a derrota, a mesma posición que ocuparía na segunda fase de grupos, superando a equipos como o Milan, o Paris Saint-Germain e o Galatasaray. Con todo, a andaina dos coruñeses na máxima competición continental finalizou nos cuartos de final logo de caer fronte ó Leeds United. O equipo que debutou na Liga de Campións estaba integrado polos seguintes xogadores:

Na liga, o Deportivo finalizou na segunda posición a sete puntos do Real Madrid. Con todo, na copa do rei caeu eliminado fronte ó Club Deportivo Tenerife nos dezaseisavos de final.

A tempada 2001-02 concluíu de xeito similar á anterior. Na súa segunda participación na Liga de Campións o equipo herculino chegou de novo aos cuartos de final, caendo eliminado fronte ó Manchester United, mentres que na liga o equipo loitou polo título ata as últimas xornadas, finalizando na segunda posición a sete puntos do campión, o Valencia, e cun Diego Tristán que gañou ese ano o Trofeo Pichichi logo de anotar 21 goles na liga. Con todo, o maior éxito da tempada chegou o 6 de marzo, cando o Deportivo conquistou a súa segunda copa do rei na final disputada no Estadio Santiago Bernabéu contra o Real Madrid, no día en que a entidade merengue celebraba o seu centenario, feito que popularmente se coñece como o "Centenariazo", dado o seu gran parecido coa final da Copa Mundial de Fútbol de 1950 que historicamente foi coñecida como Maracanazo.

Logo de conquistar a terceira Supercopa de España da súa historia, o Deportivo iniciou unha tempada na que finalizaría na terceira posición no campionato de liga e conseguindo chegar ás semifinais da copa do rei, mais sendo eliminado na segunda rolda da Liga de Campións. Esa tempada Roy Makaay gañou o Trofeo Pichichi e a Bota de Ouro. Na tempada 2003-04 o equipo conseguiu de novo finalizar na terceira posición na liga e fixo historia ó chegar ás semifinais da Liga de Campións. Despois de acabar segundo na fase de grupos por detrás do Mónaco, o Dépor superou á Juventus en oitavos de final. En cuartos de final, contra o Milan, os coruñeses perderon o partido de ida por 4-1 pero conseguiron remontar no de volta, cun 4-0 en Riazor. Nas semifinais, o Dépor caeu eliminado contra o FC Porto de José Mourinho que acabaría sendo campión desa edición, cun empate a cero en Portugal e 0-1 na volta en Riazor.

                                     

1.6. Historia O centenario

Logo da etapa dourada do Deportivo con Irureta no banco, o 2006, ano no que o club celebrou o seu centenario, comeza unha etapa de transición marcada pola grave crise económica e as débedas. A chegada de Joaquín Caparrós supón unha auténtica revolución no cadro. Moitos dos pesos pesados do vestiario, como Molina, Scaloni, Víctor ou Diego Tristán abandonan a entidade, que inviste 9.3 millóns de euros na fichaxe de 17 xogadores, a maioría novos e con proxección, entre os que destacan Riki, Filipe Luis, Lopo ou Juan Rodríguez. Prodúcese tamén unha reformulación dos obxectivos deportivos, fixados agora na permanencia. Mais, a pesar da falta de apuros deportivos e a participación na Copa Intertoto, o mal xogo e o desencontro coa bancada propician a saída do técnico despois de dúas temporadas.

                                     

1.7. Historia A etapa de Lotina e fin dun ciclo 2007–2011

A era de Miguel Ángel Lotina no banquiño branquiazul daba comezo na tempada 2007-08. O mexicano Andrés Guardado firma polo Deportivo por 7 millóns de euros e marcha Jorge Andrade á Juventus que paga 10 millóns polo xogador. Nesta temporada, tras unha primeira volta do campionato con posicións preto do descenso, o equipo consegue rematar unha segunda volta con bos resultados, clasificándose para a Copa Intertoto tres anos despois da última participación en Europa, tras quedar 9º por encima do Athletic de Bilbao o seu máis próximo perseguidor inscrito para a Intertoto. O equipo xogou en xullo de 2008 a Copa Intertoto na que se enfrontou ó Bnei Sakhnin, conxunto árabe de Israel. No partido de ida en Israel o Deportivo gañou 1-2 con tantos de Lafita e Riki, mentres que na volta, xogada en Riazor, o resultado foi de 1-0 con gol de Valerón. Con este resultado o equipo clasificouse por fin para unha competición europea despois de 4 anos de ausencia.

Na seguinte tempada, a 2008–09, marcada polas fichaxes de Aranzubia, Zé Castro e o mexicano Omar Bravo, a pesar de non pasar dos dezaoitavos de final da Copa da UEFA ó ser eliminado polo Aalborg BK danés, o Deportivo consegue superar o seu eterno rival histórico, o Celta de Vigo, na clasificación histórica da Liga, grazas á continuada permanencia do conxunto olívico na segunda división e ó sétimo posto do Deportivo en Liga.

Na tempada 2009–10, o equipo realiza unha gran primeira volta que o leva a ocupar postos europeos durante máis de 20 xornadas 3 delas en prazas de Liga de Campións. Namentres, as lesións lévano a realizar unha mala segunda volta na que asina unha racha de 11 partidos consecutivos sen gañar. Finalmente o equipo termina na 10ª posición. Nesta tempada hai que destacar o debut de varios xogadores do Fabril nos partidos de Liga e copa do rei: Juan Domínguez, Iván Pérez, Rochela, Dani, Seoane, Añón e Raúl.

Na tempada 2010–11 descendeu á segunda división tras 20 anos seguidos na categoría de elite. O descenso produciuse logo de perder o derradeiro partido 0–2 contra o Valencia CF, converténdose no primeiro equipo que perde a categoría con 43 puntos.



                                     

1.8. Historia Subidas e baixadas de categoría e asentamento en primeira división

Tras un inicio irregular en segunda división e con José Luis Oltra no banquiño, a tempada 2011–12 remata co equipo como campión da categoría, producíndose o ascenso o 27 de maio de 2012, a falta dunha xornada para rematar o campionato. O 3 de xuño de 2012, na derradeira xornada, o Deportivo conseguiu alcanzar a cota de 91 puntos, récord na categoría a anterior marca estaba en 88 puntos, conseguidos polo Real Valladolid na tempada 2006–07.

Porén, ó comezo da tempada en 1ª División, o 30 de decembro de 2012, é despedido tras sumar soamente 12 puntos nos primeiros 17 partidos. Oltra foi substituído no banco do conxunto herculino polo adestrador portugués Domingos Paciência. Mais os resultados non melloraron a situación do club, que andaba no último lugar da táboa, xa que só conseguiu sumar 4 puntos en 6 partidos, e ó cabo de mes e medio desvinculouse do club.

O 11 de febreiro de 2013, tras destituír a Paciência, Augusto César Lendoiro firma o contrato que vinculaba ó adestrador Fernando Vázquez á entidade branquiazul. O escenario do debut en Riazor non podía ser mellor: o Dépor pon sobre as cordas ó Real Madrid, que acaba levándose o triunfo con moitas dificultades, 2-1. Pese a comezar bastante mal 3 derrotas e 1 empate o conxunto coruñés enlaza 4 vitorias seguidas, entre elas o derbi galego contra o Celta de Vigo. O Dépor, que semellaba desafiuzado, volvía á loita pola permanencia. Pese a iso, ó rematar a tempada, Vázquez non consegue acadar ese obxectivo.

Pese ó descenso, Vázquez segue á fronte do banco deportivista e, cunha primeira volta case perfecta fóra de Riazor pese a complicacións en casa, remata como campión de inverno. Fóra do plano deportivo, o 10 de xaneiro foi un día clave para o futuro do club, pois presentouse ante o xuíz concursal unha proposta de convenio na Audiencia Provincial da Coruña que obtivo o apoio do 59.44% dos acredores, pero non do acredor principal, a Axencia Tributaria. O maxistrado decidirá cara a finais de mes, momento no que o club contará cun novo Consello de Administración. Por outra banda, na xunta de accionistas celebrada o 21 de xaneiro a candidatura encabezada por Tino Fernández acadou un 72.09% dos votos, alzándose como novo presidente do club. Finalmente, o 31 de maio de 2014 o Dépor volve á categoría raíña trala vitoria contra o Real Jaén por 1 a 0.

Pese a que Vázquez firmara un ano máis de contrato, o Deportivo decidiu prescindir dos servizos do de Castrofeito, so pretexto dunhas declaracións polémicas deste. Ese mesmo verán o Deportivo contratou como adestrador a Víctor Fernández, mais os resultados non acompañan e o Dépor ve perigar a salvación. Con todo a directiva dálle varias oportunidades, pero o equipo non remata de funcionar. Todo isto fai que, tralo empate co Córdoba, último na clasificación, Fernández sexa cesado como adestrador do Deportivo.

O 9 de abril de 2015 chega como adestrador Víctor Sánchez del Amo que comeza inmediatamente o seu traballo e o Dépor sofre unha metamorfose completa, pese a que os resultados non sexan demasiado bos. Chega á última xornada contra o FC Barcelona dependendo de si mesmo para manterse en Primeira. O 2-0 inicial a favor dos culés fai pensar na perda da categoría, pero dous goles, de Lucas Pérez e Diogo Salomão, e varias intervencións chaves de Fabricio Agosto manteñen o club en primeira división ó rematar o partido con empate a dous. A salvación do equipo propiciou a continuidade do técnico madrileño unha tempada máis, na que o cadro herculino reforzouse con xogadores como Fernando Navarro, Cani, Alejandro Arribas, Pedro Mosquera, Fayçal Fajr, Luis Alberto ou Fede Cartabia, e logrou o traspaso de Lucas Pérez. O 1 de setembro de 2015 o club anunciou que pagara toda a débeda prevista para a tempada 2015–16, unha cantidade que ascendía a 3.169.861.80 euros máis 99.177.59 de xuros. Esa temporada o Deportivo realizou unha gran primeira volta na que finalizou 9º, chegando a ocupar postos de Europa League durante nove xornadas. Con todo, o equipo realizou unha mala segunda volta na que gañou unicamente dous partidos, o segundo deles na penúltima xornada fronte ó Villarreal CF por 0-2, co que asegurou matematicamente a permanencia na máxima categoría do fútbol español. A pesar da salvación, o 30 de maio de 2016 Víctor Sánchez foi destituído debido á mala relación con algúns xogadores e á mala segunda volta do equipo. O 10 de xuño o Deportivo anunciou que o substituto de Víctor Sánchez para a tempada 2016-17 sería o bilbaíno Gaizka Garitano.

A tempada 2016-17 comeza con altos e baixos. Xa en 2017 e despois de dúas derrotas contra Alavés 0-1 e Leganés 4-0, o equipo decide rescindir o contrato de Garitano, que é substituído por Pepe Mel o 28 de febreiro. O adestrador madrileño conseguiu o obxectivo da permanencia, destacando a vitoria por 2-1 en Riazor contra un FC Barcelona que levaba 19 partidos consecutivos sen perder en liga.

Na tempada 2017-18, o equipo só consegue dúas vitorias nos primeiros nove partidos, sendo un dos equipos máis goleados do campionato. O 24 de outubro de 2017, o Deportivo destitúe a Pepe Mel e o seu cargo é ocupado por Cristóbal Parralo, ata entón adestrador do Fabril. Porén, o cambio de adestrador non fai que melloren os resultados do equipo e Cristóbal Parralo é destituído o 4 de febreiro de 2018, co equipo na 17ª posición e despois de 3 vitorias, 3 empates e 9 derrotas entre Liga e Copa. Ó día seguinte anunciouse a chegada do neerlandés Clarence Seedorf para dirixir ao equipo. A falta de 3 xornadas para finalizar o campionato, o 29 de abril de 2018, o equipo certifica o seu descenso á Segunda División.

A tempada 2018-19 comezou con novo adestrador, Natxo González, tras o despido de Seedorf. Aínda que durante os primeiros meses de competición, o equipo estivo entre os postos altos da clasificación, unha mala xeira de resultados levou ao seu despido en abril e á chegada de Pep Martí. Finalmente o Deportivo acabou sexto, o que lle daba dereito a xogar os playoffs de ascenso a Primeira. Na primeira eliminatoria eliminou ao Málaga tras gañar en Riazor 4-2 e na Rosaleda 0-1. Na final contra o Mallorca non foi quen de manter a vantaxe que conseguira na ida en Riazor, 2-0, e non puido materializar o ascenso ao perder na volta por 3-0 en Son Moix.

Para a tempada 2019-20 chegou ao banco Juan Antonio Anquela, mais foi destituído o 7 de outubro tras os malos resultados acadados nas 10 primeiras xornadas de competición, co equipo ocupando postos de descenso a Segunda B. Foi substituído polo arousán Luis César Sampedro.

                                     

2.1. Rivalidades Celta de Vigo

Os primeiros roces dos que se ten constancia datan de 1923, no Campionato Galego, unha vez que nese ano o Real Club Fortuna e o Real Vigo Sporting Club, equipos contra os que xa se enfrontara o Deportivo, se fusionaron formando o Celta. Un dos detonantes da inimizade entre os dous equipos adoita buscarse no propio momento do nacemento do equipo celeste, cando Luis Otero Sánchez fichou polo Deportivo xunto con Chiarroni, González e Isidro, feito que motivou as protestas do Celta ante a Federación Galega e que provocou a sanción dos xogadores ata 1924.

O primeiro derbi galego da historia celebrouse na tempada 1924-25, con vitoria do Deportivo por 3 goles a 0, mesmo resultado que no partido de volta. Con todo, o primeiro enfrontamento dos dous equipos en Primeira disputouse o 19 de outubro de 1941 4ª xornada de Liga en Vigo, gañando os locais por 2 goles a 1. O equipo herculino vingaría esta derrota na segunda volta do campionato, derrotando os vigueses por 4 goles a 0 no estadio de Riazor.

Na 16ª xornada da tempada 1999-00, coruñeses e vigueses enfrontáronse en Riazor encabezando a clasificación da Liga. O Deportivo conseguiu levarse o partido por 1 gol a 0, anotando o único gol do encontro Turu Flores, e deixando un resultado que afastaba os coruñeses a 8 puntos do segundo clasificado, o Celta.

Na tempada 2011-12 ambos os equipos volveron enfrontarse na segunda división tras 20 anos. O Deportivo gañou entón os dous partidos e 6 en Copa cun rexistro lixeiramente favorable para os deportivistas, tanto en vitorias como en goles.

                                     

2.2. Rivalidades Real Madrid

Aínda que o primeiro partido entre o Deportivo e o Real Madrid se disputou en 1932, foi durante a época dourada do club coruñés cando este mantivo unha intensa rivalidade co equipo branco. Na tempada 1992-93 o Deportivo comezou unha xeira de 18 anos consecutivos sen perder fronte ó equipo branco no estadio de Riazor, nun partido que estaba de cara aos madridistas 0-2 e que acabarían levándose os branquiazuis por 3 goles a 2 cun dobrete de Bebeto e un gol en propia porta de Ricardo Rocha. Pouco despois, na tempada seguinte, chegaría a primeira humillación dos brancos en Riazor, onde perderon 4-0. Con todo, na tempada 1994-95, un gol de Zamorano a cinco minutos para a conclusión do partido dáballe a vitoria 2-1 e o título de Liga ó Real Madrid e deixaba os branquiazuis unha vez máis ás portas do título a falta de dúas xornadas, aínda así, o equipo herculino levaríase pouco despois a Supercopa de España fronte ó equipo branco logo de gañar 3-0 en Riazor e 2-1 no Santiago Bernabéu. O momento de maior rivalidade entre os dous equipos chegou na tempada 2001-02, cando ambos se enfrontaron na final da copa do rei no Santiago Bernabéu, levándose os coruñeses a vitoria no día no que a entidade branca cumpría 100 anos, feito que se coñeceu como "Centenariazo". A xeira de imbatibilidade do Deportivo en Riazor finalizaba na tempada 2009-10 coa derrota 1-3, dende aquela o equipo coruñés non foi quen de derrotar o Real Madrid en ningunha ocasión, colleitando varias derrotas avultadas tanto en Riazor como no Santiago Bernabéu, e conseguindo tan só un empate sen goles na tempada 2010-11.

En total os dous equipos disputaron 99 partidos cun rexistro claramente favorable para os madridistas, tanto en vitorias como en goles:



                                     

3. Escudo do club

O escudo oficial do club consiste nun cinto de cabaleiro que rodea o pendón morado da Sala Calvet e a bandeira de Galicia. Coroa real no centro do pendón e sobre o escudo. As cores oficiais son as seguintes:

                                     

4. Uniforme

Aínda que desde a súa fundación se estableceu que o equipo defendería unha camiseta a franxas verticais azuis e brancas, non sería ata 1912 cando o club coruñés faría habituais estas cores nos seus partidos oficiais. Dende entón, o primeiro uniforme do Deportivo continúa sendo branquiazul, mentres que o segundo e terceiro varían practicamente cada tempada en función de motivacións comerciais. Dende 2017 a empresa encargada dos deseños e fabricación do equipamento é a italiana Macron.

Uniforme 2020/21

Para a tempada 2020/21, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes:

  • Uniforme alternativo: Camiseta de cor azul escuro cunha franxa vertical dourada na parte esquerda; pantalón azul escuro; medias azul escuro.
  • Terceiro uniforme: Camiseta coa franxa da bandeira de Galicia; pantalón branco; medias brancas.
  • Uniforme titular: Camiseta a franxas azuis e brancas en forma de "T"; pantalón azul; medias azuis.
                                     

5. Himno

Aínda que o Deportivo contaba cun himno máis tradicional que o actual composto en 1924 por Maximiliano Svarrmanoff, a aparición do "Superdépor" e a imaxe de renovación do club levaron á directiva a substituír o himno histórico por un máis moderno, composto por Francisco Gómez Seijo "Gandy" e que posteriormente gravaría o grupo coruñés Cacahué. Devandito himno, en estilo rock, sería versionado posteriormente pola Orquestra Sinfónica de Galicia. ano 2006, o grupo La Banda del Camión compuxo o himno do centenario, que incluía os nomes das grandes figuras que pasaron polo club.

                                     

6.1. Instalacións Corralón da Gaiteira

O chamado Corralón da Gaiteira foi primeiro escenario dos partidos do Deportivo da Coruña daquela aínda coa denominación de Club Deportivo da Sala Calvet, sendo o campo no que o equipo herculino disputou os seus partidos de xeito habitual durante os seus primeiros dous anos e medio de existencia. O Corralón foi a principios do século XX o único campo da Coruña no que se podía practicar o deporte que acababa de chegar á cidade. Estaba situado nos terreos anexos á Fábrica de Tabacos, medía 18.000 m² e tiña bancadas con capacidade para 6.000 espectadores. Eduardo del Río y Santos-Lartaud, un comerciante e cónsul de Dinamarca en Galicia, era propietario de varios terreos nas proximidades da Palloza e deu o visto e prace para que os deportistas da Sala Calvet puidesen adestrar e xogar os seus encontros no Corralón.

Foi no chamado Corralón da Gaiteira onde o Deportivo disputou o primeiro partido contra o seu máximo rival na época, o Coruña Foot-ball Club, o 9 de decembro de 1906, que acabaría con marcador favorable para os integrantes do equipo da Sala Calvet 2-1. En maio de 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira para trasladarse ó vello campo de Riazor.

                                     

6.2. Instalacións Campo de Riazor

Dende que en 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira ata 1944, ano no que se inaugurou o Estadio Municipal de Riazor, o Deportivo xogou os seus encontros no coñecido como campo de Riazor. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas. O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ó Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ó actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.

                                     

6.3. Instalacións Estadio de Riazor

O estadio do Deportivo é o Estadio Municipal de Riazor, situado a carón da praia de Riazor, na Coruña. A pesar de ser de titularidade municipal, o Deportivo utiliza o recinto a cambio dun alugueiro simbólico de 1 € ó ano. Ten unha capacidade de 34.899 espectadores, todos sentados, sendo o estadio con maior cabemento de Galicia. A súa primeira construción data de 1909 no terreo que hoxe ocupa a igrexa das Escravas, a escasos metros da súa actual localización. A súa segunda construción, xa na súa actual localización, foi en 1944, obra do arquitecto Santiago Rey Pedreira. O estadio tivo varias remodelacións, como a de 1982 con motivo do Campionato Mundial de Fútbol dese ano, e a última, comezada en 1996 coa construción do fondo de pavillón e terminada en 1997 coa remodelación do fondo de maratón. Ten unhas dimensións de 105×68 metros. Ademais, foi renovada a súa Licenza UEFA para a celebración de partidos de competicións internacionais.

                                     

6.4. Instalacións Afluencia a Riazor

O Deportivo tivo dúas épocas na súa historia recente de grande afluencia ó estadio municipal de Riazor. A primeira delas, entre os anos 1992–93 e 1996–97, onde a media de entrada se situaba en 25.000 espectadores, para un estadio con capacidade para 29.000. Na segunda etapa, xa cunha capacidade para 35.000 espectadores, o número de socios de afluencia situábase arredor dos 30.000 espectadores, entre as tempadas 2000–01 e 2003–04. Na tempada 2014-15 a media de espectadores situouse en 21.256, e o número de socios nos 24.245, a maior parte deles 18.545 eran homes.

A asistencia media a Riazor durante as últimas 10 tempadas foi a seguinte:

Estimación aproximada

Con datos oficiais

                                     

6.5. Instalacións Proxecto do novo estadio

En 2003 o presidente Augusto César Lendoiro presentou a maqueta do novo estadio de Riazor deseñado polo prestixioso arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O presidente declarou que sería o estadio "máis bonito do mundo", e tería unha capacidade de 36.000 espectadores. A construción sería encima do actual estadio. Actualmente este proxecto atópase parado.

Desde 2009, con motivo da candidatura ibérica para os mundiais de 2018 e 2022, o Concello da cidade e o club debateron sobre a posibilidade de remodelar o actual Riazor ou construír un estadio novo, no caso de que España organizase un mundial e a cidade da Coruña fose elixida sede. A candidatura non foi elixida pero propúxose que o estadio fora remodelado e pasase a ter capacidade para 45.000 espectadores.

                                     

6.6. Instalacións Cidade Deportiva de Abegondo

A Cidade Deportiva de Abegondo é un conxunto de instalacións deportivas propiedade do club herculino situadas en Mabegondo, alí adoita preparar os seus partidos o Deportivo. Foi inaugurado en 2003. Está formado por un edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve de bancada para uns 1.200 espectadores cara ó campo principal e uns 500 cara ó campo de céspede artificial. En total a cidade deportiva conta con 7 campos de céspede natural, 1 de céspede artificial, 6 campos de céspede natural de fútbol 7 e máis de 16.000 m² de campos auxiliares de céspede natural. Hai ademais uns 9.000 m² de aparcadoiros.

                                     

6.7. Instalacións Outras instalacións

  • A Deportienda: o Deportivo da Coruña ten dúas tendas propias na cidade para a venda dos seus produtos deportivos e publicitarios. Unha situada nos baixos do estadio de Riazor e outra no centro comercial Marineda City desde 2015.
  • Zonafit, ximnasio de 2.500 m² situado nos baixos do estadio. O 31 de decembro de 2015 pechou as súas portas por mor da situación económica do club e pasará a acoller no futuro no mesmo local un museo sobre a historia do equipo.
  • A Deporclínica é un centro de fisioterapia aberto ó público e que conta con máis de 300 m² e dotado de tratamentos de hidroterapia, fisioterapia e dous ximnasios.
  • O Playa Club, situado fronte á praia de Riazor, é un local de máis de 3.000 m² con restaurante, cafetería e discoteca na que se adoitan celebrar concertos.
                                     

7. Datos do club

  • Xogadores achegados á Selección española: 26
  • Máximos goleadores: Bebeto 108, Makaay 96 e Diego Tristán 95
  • Socios 17/18: 26.592
  • Tempadas en 1ª: 45
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Asistencia media tempada 2016-17: 22.602
  • Orzamento 19/20: 18.779.000 €
  • Tempadas en 2ª: 39
  • Tempadas en 3ª: 1
                                     

7.1. Datos do club Datos do club na copa do rei

  • Maior número de participacións consecutivas: 56 desde a edición 1958-59
  • Participacións na copa do rei: 84
  • Semifinalista: 6 veces
  • Campión: 2 veces 1994–95 e 2001–02
  • Cuartos de final: 14 veces
  • Finalista: 1 vez 1910
  • Mellores clasificacións
  • Debut na Copa: Español de Madrid 1 - Deportivo 0 23 de maio de 1910
                                     

7.2. Datos do club Datos do club en competicións europeas

  • 5 na Liga de Campións consecutivas
  • 5 na Copa da UEFA
  • 1 na Recopa de Europa
  • 2 na Copa Intertoto
  • Participacións en competicións europeas: 13
  • Na Copa Intertoto da UEFA: Gañador 2008
  • Na Recopa de Europa: Semifinal tempada 1995–96
  • Mellores clasificacións
  • Na Copa da UEFA: Oitavos de final 1993–94, 1994–95, 1999–00
  • Na Liga de Campións: Semifinal 2003–04
                                     

7.3. Datos do club Historial na liga

Para maior detalle véxase: Traxectoria do Deportivo da Coruña.
                                     

7.4. Datos do club Récords

  • Segundo equipo español que venceu o Manchester United na súa casa en competición internacional, sendo o sexto equipo estranxeiro que o acadou.
  • Récord histórico de vitorias 29 e puntos 91 da segunda división na tempada 2011–12.
  • Primeiro equipo español que venceu o Bayern de Múnic na súa casa en competición internacional, sendo o único equipo español que o conseguiu facer no Olímpico de Múnic.
  • Remontada histórica e sen precedentes na Liga de Campións fronte ó AC Milan en Riazor ó gañar 4–0 cando viñan de perder por 4–1 no estadio de San Siro.
                                     

8. Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Deportivo da Coruña.

Cadro 2020/21

Datos do 6 de outubro de 2020

  • Capitán
  • Segundo as normas da LFP, os xogadores do primeiro equipo deberán levar os dorsais do 1 ao 25. A partir do 26, serán xogadores do equipo filial.

Distincións individuais de futbolistas

Para maior detalle véxase: Premios e distincións individuais.
                                     

9. Corpo técnico

Adestradores

Dende a creación da liga teñen pasado polo banquiño branquiazul 76 adestradores, entre os que salientan nomes como Arsenio Iglesias, nado en Arteixo coñecido como "O raposo de Arteixo" e que fora xogador do equipo, co que o Deportivo subiu a Primeira División e gañou a súa primeira Copa do Rei, ou Javier Irureta, adestrador que gañou a única Liga da historia branquiazul, a famosa e recordada Copa do Rei do "Centenariazo" e co que conseguiu cinco participacións consecutivas na Liga de Campións.

Dende xaneiro de 2021 o adestrador é o coruñés Rubén de la Barrera, que entrou en substitución de Fernando Vázquez.

                                     

10. Presidencia

O Deportivo tivo 49 presidentes ó longo dos seus 113 anos de historia, incluíndo as segundas presidencias de Virgilio Rodríguez, Carlos Allones e Aurelio Ruenes. O primeiro foi Luís Cornide Quiroga e o actual é Antonio Couceiro.

O 24 de decembro de 2013, Lendoiro anunciou que non se presentaría á reelección como presidente. Tras o anuncio desta decisión, Augusto César Lendoiro, poñía fin a vinte e cinco anos de mandato ininterrompidos, o máis longo da historia do fútbol español. Sucedeuno Constantino Fernández Pico, que accedeu ó cargo o 21 de xaneiro de 2014, tras obter unha maioría absoluta co 72.09% dos votos dos accionistas, impóndose así a Manuel López Cascallar. Ocupou o cargo pouco máis de 5 anos, ata a súa dimisión, que anunciou en abril de 2019 tras os malos resultados dese ano na Segunda División. Paco Zas, foi elixido polos accionistas como novo presidente do club o 28 de maio de 2019.

O 9 de decembro de 2019 o consello de administración do club anunciou a súa renuncia e a convocatoria a xunta xeral extraordinaria de accionistas para o 13 de xaneiro, co fin de elixir unha nova directiva. A renuncia produciuse apenas seis meses e medio despois de tomar posesión do cargo e cunha agravada crise de resultados deportivos, onde o Deportivo ocupaba o último posto da clasificación se atopaba a 8 puntos da salvación 1 vitoria, 9 empates e 9 derrotas.

O 27 de decembro o equipo formado por Paco Zas renunciou á presidencia que de xeito interino ocupaban até o 14 de xaneiro, en favor dunha xunta xestora formada por membros da candidatura á presidencia encabezada por Fernando Vidal, presentada na anterior xunta de accionistas. Así até a xunta extraordinaria de accionistas presidiu o club, de xeito interino, Juan Antonio Armenteros. O 14 de xaneiro de 2020 Fernando Vidal converteuse oficialmente no novo presidente co club, tras celebrarse no PALEXCO unha xunta xeral extraordinaria que contou só coa súa candidatura.

                                     

10.1. Presidencia Directiva

  • Fonte: Consello de administración
  • Última actualización: 9 de febreiro de 2021
                                     

11. Palmarés

* Inclúe Copa FGF e Copa Galiza.

Torneos continentais
  • Semifinalista da Liga de Campións: 2003-04
  • Semifinalista da Recopa de Europa: 1995-96
  • Subcampión da Copa Intertoto: 2005
                                     

12. Premios e distincións

  • Placa de Prata da Real Orde do Mérito Deportivo.
  • Premio Xogo Limpo da RFEF 2: 2001–02, 2007–08
  • Copa Foronda 1: 1947–48
  • Medalla de Ouro de Galicia.
  • Medalla de Ouro da Universidade da Coruña.
  • Medalla de Ouro da Coruña.
                                     

13.1. Seareiros Agrupacións de afeccionados

O Deportivo ten numerosas agrupacións tanto na cidade da Coruña, como en Galicia, no Estado español e tamén no estranxeiro, sendo o equipo galego con máis socios, agrupacións e representantes en todo o mundo. En 2003 tiña un total de 287 agrupacións: 244 en Galicia 211 na provincia da Coruña, 18 no resto de España, 15 no resto de Europa, 9 en América e 1 en Australia. O número foi aumentando notablemente desde 1952 cando se fundou a primeira delas. Sobre todo cabe destacar o aumento a finais do século XX, xa que en 1988 había 7 grupos, en 1995 xa eran 118, e ano 2000 superáronse as 200 ata chegar ás 287 de 2003. Segundo datos da web do club, a cifra de agrupacións en outubro de 2020 é de 196.

O conxunto de agrupacións están organizadas, desde 1998, na Federación de Peñas do Deportivo que adoita organizar unha feira anual adicada a actos relacionados co club.

A agrupación máis importante por presenza nas bancadas e número de socios é a dos Riazor Blues.

                                     

13.2. Seareiros Riazor Blues

É a agrupación máis animada do Estadio de Riazor e coas súas cancións, bandeiras e demais actos consegue tirar sempre do resto da bancada en tódolos partidos. O grupo formouse en 1987 e, a pesar de ser incluído como grupo ultra polo Ministerio do Interior de España, caracterízase polo seu comportamento habitualmente pacífico e por unha ideoloxía esquerdista, fundamentalmente antifascista. Se ben hai anos foron un dos grupos de afeccionados máis numeroso de España, con máis de 2.000 integrantes, en 2014 a cifra reducírase a 500, aínda que segundo a policía o número é menor, con 250 integrantes.

                                     

14.1. Canteira Fabril

O filial do Deportivo é o Fabril. Foi fundado en 1914 co nome Fabril Foot-ball Club, sendo orixinariamente un club independente, mantendo dende 1948 un convenio de asociación co Real Club Deportivo. En 1963, converteuse no filial, adoptando o nome Fabril Deportivo, e tamén nese mesmo ano, fusionouse co Deportivo Xuvenil –club que tamén tivera un convenio de asociación co Real Club Deportivo ata ese momento–. En 1993 pasa a ser Deportivo da Coruña B. O 10 de xullo de 2017 o equipo recupera o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.

Xoga no Grupo 1º da Terceira División. Xogou 11 tempadas en Segunda B, onde acadou o segundo posto do seu grupo como mellor posición na tempada 2017/18 se clasificou en catro ocasións para xogar a promoción de ascenso a Segunda Divisón. Ocupa o 21º posto na Clasificación histórica de filiais.

                                     

14.2. Canteira Categorías inferiores

O Deportivo conta con dous equipos xuvenís, dous cadetes, dous infantís, tres alevíns e dous benxamíns. O Xuvenil A foi campión nunha ocasión da Copa de Campións Xuvenil 1995–96 e en tres ocasións da División de Honra Xuvenil 1995–96, 2007–08 e 2009–10. O Xuvenil B gañou en sete ocasións a Liga Nacional Xuvenil 1997–98, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2009–10, 2012–13 e 2015–16.

                                     

15. Fútbol feminino

O Deportivo contou durante a década de 1980 cunha sección de fútbol feminino, o Karbo Deportivo, que foi referencia do fútbol feminino en España, gañando a Copa da Raíña de forma consecutiva en 1983, 1984 e 1985.

En 2016 o club recuperou a sección de fútbol feminino, a cal leva como nome oficial Real Club Deportivo ABANCA por razóns de patrocinio. Xoga na Primeira División dende que acadou o ascenso na tempada 2018/19. A sección conta ademais cun filial que nesa mesma tempada ascendeu a Primeira Nacional.

                                     

16. Outras seccións

Entre 1942 e 1992, o Deportivo contou con diversas seccións dedicadas a outros deportes. Entre elas, as de atletismo con máis de 125 trofeos, hóckey a patíns con máis de 60 trofeos, xadrez con arredor de 25 trofeos, ciclismo no que militou Delio Rodríguez, e que quedou en segunda posición por equipos na Vuelta a España 1942 ou traíñas.

A Asociación de Veteranos do Deportivo, que foi fundada en 1995 e dende 2014 mantén un convenio co club, participou en competicións de fútbol indoor cun equipo formado por grandes xogadores que pasaron polo Deportivo, como Fran, Djalminha, Naybet, Songoo ou Manjarín, gañando dúas ligas, en 2007/08 e 2009/10, e dúas copas de España, en 2008 e 2010. Nese intervalo de tres anos o equipo só perdeu nunha ocasión contra o FC Barcelona.

                                     

17. Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Santander, Carlos 2006. Historia del Real Club Deportivo de La Coruña. Un Club Centenario en castelán. Librería Arenas. ISBN 978-84-921240-8-4.
  • De Llano López, Pedro; Muíños Díaz, Eladio 1988. 82 Años de historia: Real Club Deportivo de La Coruña en castelán. ISBN 978-84-4041-433-5.
  • Flores, Xesús; Mejuto, Xosé 1993. Historia do Deportivo. Xerais. ISBN 84-7507-771-4.

Outros artigos

  • Club Deportivo Xuvenil
  • Traxectoria do Deportivo da Coruña
  • Trofeo Juan Acuña
  • Trofeo Teresa Herrera

Ligazóns externas

  • Club de Fútbol: RC Deportivo documental sobre o club en Canal+ en castelán
  • Fanclub en inglés
  • Sitio web oficial Televisión oficial Deportienda DeporSport Revista oficial
                                               

Jorge Parra

Xogou no Deportivo da Coruña poucos anos despois da fundación do club, e gañou con este a Copa España en 1912, tras derrotar ao Vigo FC. Posteriormente arbitrou partidos de fútbol e foi presidente do Jubias FC. Durante a guerra civil foi sometido polas autoridades franquistas a un consello de guerra, acusado de rebelión, e condenado a cadea perpetua. Faleceu o 4 de xaneiro de 1940, aos 47 anos de idade.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →