Back

ⓘ Xunta de Galicia. A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Es ..



                                               

Onagro

O onagro ou hemión, tamén coñecido como asno salvaxe asiático, é unha especie da familia dos équidos orixinaria de Asia. Un membro do subxénero Asinus, o onagro foi descrito e nomeado polo zoólogo alemán Peter Simon Pallas en 1775. Foron recoñecidas cinco subspecies, unha das cales está extinta.

                                               

Kiang

O kiang tamén coñecido como asno do Tíbet, é unha especie da familia dos équidos orixinaria de Asia, a máis grande especie do subxénero Asinus. É orixinario do altiplano do Tíbet, onde habita nos pasteiros alpinos de montaña. A súa área de distribución actual está restrinxida ás chairas do altiplano tibetano, Ladakh na India; e o norte do Nepal xunto á fronteira co Tíbet. Outros nomes comúns desta especie son khyang e gorkhar. As representacións e relatos dos viaxeiros sobre o kiang serviron como inspiración para o mito do unicornio.

Xunta de Galicia
                                     

ⓘ Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

                                     

1. Atribucións e funcionamento

A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.

                                     

2. Historia

A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.

Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema de Galicia para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas de relacións internacionais ata a creación da Xunta Central Española.

En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Baldomero Espartero.

En 1846 prodúcese o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.

Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego.

                                     

3. Presidencia da Xunta de Galicia

  • 1982–1987 - Xerardo Fernández Albor APdG
  • 2005–2009 - Emilio Pérez Touriño PSdeG
  • 2009– presente - Alberto Núñez Feijóo PPdG
  • 1990–2005 - Manuel Fraga Iribarne PPdG
  • 1978–1979 - Antonio Rosón Pérez UCD preautonómico
  • 1987–1990 - Fernando Ignacio González Laxe PSdeG
  • 1979–1982 - Xosé Quiroga Suárez UCD preautonómico ata 28 abril 1981
                                     

4. Consellarías

Categoría principal: Gobernos de Galicia

Desde o 2 de decembro de 2012 o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do PPdeG. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de Javier Guerra por Francisco Conde á fronte da Consellería de Economía e Industria. Posteriormente, ano 2015, primeiro polos resultados das eleccións municipais e despois polos problemas na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro, houbo outros cambios, tanto de nomes co como na distribución de funcións entre consellerías.

Esta foi a composición da Xunta e os seus titulares:

  • Consellería de Sanidade: Jesús Vázquez Almuíña.
  • Consellería do Medio Rural: Ángeles Vázquez Mejuto
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria: Francisco Conde López.
  • Consellería de Facenda: Valeriano Martínez García.
  • Consellería de Política Social: José Manuel Rey Varela.
  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Alfonso Rueda Valenzuela.
  • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Román Rodríguez González.
  • Consellería de Infraestruturas e Vivenda: Ethel Vázquez Mourelle.
  • Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Beatriz Mato Otero.
  • Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo.

En setembro de 2018, o presidente Feijóo levou a cabo unha remodelación das consellarías e modificou as competencias de algunhas delas, que quedaron deste xeito:

  • Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo.
  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto
  • Consellería do Medio Rural: José González Vázquez
  • Consellería de Política Social: Fabiola García Martínez.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria: Francisco Conde López.
  • Consellería de Sanidade: Jesús Vázquez Almuíña.
  • Consellería de Facenda: Valeriano Martínez García.
  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Alfonso Rueda Valenzuela.
  • Consellería de Cultura e Turismo: Román Rodríguez González.
  • Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle.
  • Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: Carmen Pomar Tojo


                                     

5. Situación

  • Sede da Xunta de Galicia en Ourense Avda. da Habana, 79 32004 - Ourense
  • Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra Rúa Fernández Ladreda s/n. - Pontevedra
  • Sede da Xunta de Galicia en Vigo Rúa Concepción Arenal, 8 36201 - Vigo
  • Sede da Xunta de Galicia en Lugo Ronda da Muralla, 70 27071 - Lugo
  • Sede da Xunta de Galicia na Coruña Avda. Salvador de Madariaga, 9 154781 - A Coruña
  • Pazo de Raxoi Praza do Obradoiro. 15705 - Santiago de Compostela
  • Edificios Administrativos San Caetano San Caetano, s/n 15704 - Santiago de Compostela
                                     

6. Véxase tamén

Outros artigos

  • Parlamento galego
  • Partido Socialista de Galicia
  • Alberto Núñez Feijóo
  • Partido Popular de Galicia
  • Bloque Nacionalista Galego

Ligazóns externas

  • As orixes medievais da Xunta de Galicia Historia da Xunta de Galicia.
  • Páxina oficial da Xunta de Galicia
Praia de Trabesada
                                               

Praia de Trabesada

A Praia de Trabesada, ou Praia Forno do Cal, é un pequeno areal situado no interior da Enseada de San Simón, na beira norte da Ría de Vigo, concretamente na Punta de Travesada, na parroquia de Cobres do concello pontevedrés de Vilaboa.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →