Back

ⓘ IGACIENCIA. A Institución Galega da Ciencia, habitualmente coñecida coma IGACIENCIA, é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para a promoción e o de ..



                                     

ⓘ IGACIENCIA

A Institución Galega da Ciencia, habitualmente coñecida coma IGACIENCIA, é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para a promoción e o desenvolvemento das actividades científicas en Galicia, e que defente o emprego da lingua galega no ámbito científico. Entre os seus fins atópase concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia, achegar á sociedade a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas e participar en actividades divulgativas no eido científico.

IGACIENCIA foi, xunto con Wikimedia España, a asociación organizadora do Primeiro editatión da Galipedia, que se celebrou en Lugo o 8 de novembro de 2014 con motivo da V edición do Día da Ciencia en Galego.

                                     

1. Ámbitos de actuación

  • Investigación e desenvolvemento: traballa en diversos proxectos, coma Inventa en Galego, Sensores para todos, A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz, Rally Científico e Matemático, Arte e Ciencia ou o obradoiro A Maxia da Robótica, que se complemente co Concurso Galego de Robótica, celebrado desde 2008 e conta coa colaboración da Fundación Barrié e EducaBarrie. Organiza tamén conferencias sobre Software libre.
  • Divulgación científica: traballa a través de dúas publicacións. As revistas Labirinto e Revista Labirinto Dixital.
  • Educación: traballa a través de programas e actividades como Ciencia e Futuro, con conferencias dirixidas a alumnos de secundaria.
  • Normalización e dinamización lingüística: traballa organizando o Día da Ciencia en galego, que celebrou a súa primeira edición ano 2010 coa temática de Matemáticas, e que contou coa colaboración da Asociación do Profesorado de Educación Matemática de Galicia. Nesa primeira edición homenaxeáronse ao galego Ramón María Aller Ulloa, ademais de a Alfonso X e James Clerk Maxwell.
                                     

2. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ciencia en Galego
  • Igaciencia: Un ano máis promovendo a ciencia en galego. Praza Pública.
  • Web da asociación. IGACIENCIA: A prol da Ciencia Galega e do galego na Ciencia.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →