Back

ⓘ Galiña de Mos. A Galiña de Mos é unha das razas de pita máis antigas da península Ibérica. Orixinaria de Galicia debe o seu nome á parroquia de San Xiao de Mos, ..



Galiña de Mos
                                     

ⓘ Galiña de Mos

A Galiña de Mos é unha das razas de pita máis antigas da península Ibérica. Orixinaria de Galicia debe o seu nome á parroquia de San Xiao de Mos, xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal.

O trazo máis salientable é a súa crista en chícharo, que se caracteriza por ser pequena e ter tres filas de papilas ou puntos. Esta raza adáptase con facilidade a condicións climatolóxicas adversas.

                                     

1. Historia

A comezos do século XX existía unha clara diferenza entre as galiñas da costa e do interior de Galicia de máis volume e peso e as galiñas da montaña de menor tamaño. En 1935, a raíz da creación da Estación Pecuaria Rexional de Lugo, o veterinario Blas Martínez Inda iniciou o traballo de recuperación da Raza de Mos mediante a adquisición de ovos na Terra Chá, publicando ese mesmo ano o primeiro patrón da raza.

anos posteriores fóronse ampliando o censo da raza e a súa venda a criadores interesados. En 1942, o veterinario Juan Rof Codina involucrouse na divulgación da raza realizando unha serie de estudos. Como consecuencia conseguiuse aumentar a capacidade de posta das galiñas de 128 ovos anuais de media en 1939 a 154. ano 1945 creouse a Cátedra de Divulgación Pecuaria de Galicia que, coa impartición de clases polas catro provincias galegas, permitiu dar a coñecer a Raza de Mos seleccionada xa por aquel entón coas mesmas características que presenta na actualidade. Pola súa banda, a Estación Pecuaria Rexional de Galicia repartiu lotes da raza ata 1971, ano no que desapareceu a súa sección avícola.

Na década dos anos 60 realizáronse mudanzas orientadas cara unha avicultura industrializada, o que propiciou os cruces entre razas para obter maior produtividade, producíndose deste xeito unha mingua na cría da Raza de Mos que a levou ao bordo da súa extinción.

A mediados de 2000, a Xunta de Galicia incluíu a Galiña de Mos nos programas de recuperación de razas gandeiras e iniciouse o" Programa de Recuperación e Conservación da raza Galiña de Mos”. Trala observación dos exemplares existentes e a consulta de datos históricos, redactouse un novo patrón da raza e creouse o Rexistro de Exemplares publicado no Diario Oficial de Galicia o 11 de maio de 2001. Asemade, a finais de 2001 creouse a Unidade de Recuperación da Raza Galiña de Mos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, con lotes de aves en galiñeiros situados en zonas exteriores, e onde calquera interesado pode adquirir algún destes animais para a cría.

                                     

2. Características xerais

A Galiña de Mos posúe unha testa máis ben pequena, unha cara vermella e lisa, unha crista en chícharo con tres filas de papilas ou puntos ben definidos de cor vermella, e un bico forte e ben curvado. O pescozo é esvelto e robusto, máis ben longo. O peito é ancho, profundo e prominente, de grande capacidade. As ás son máis ben pequenas, ben pregadas e cinguidas ao corpo, e a cola é de pequeno tamaño.

Existen diferenzas evidentes entre o macho e a femia. Así, o peso dos galos oscila entre 3.5 e 4 quilos mentres que o das galiñas está en torno a 2.5 e 3 quilos. A crista, as barbiñas e as orelliñas son máis pequenas nas galiñas, e o peito é menos prominente; asemade, as femias son de formas máis redondeadas. A plumaxe en ambos sexos é brillante, abundante e compacta, de cor roxa escura para o corpo, sendo a esclavina de cor máis clara no caso dos machos de cor máis intensa nas femias.

Os ovos teñen un peso mínimo de 50 gramos, cunha casca de cor marrón clara.

O 16 de xaneiro de 2010 tivo lugar o I Certame de Exposición e Degustación do Galo de Mos na parroquia de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, organizada polo concello e a asociación de veciños da parroquia.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →