Back

ⓘ Cidade da Cultura de Galicia. A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico que se atopa no monte Gaiás, na cidade de Santiago de Compostela, pert ..



                                               

A Virxe do Cristal (ópera)

Inicialmente a prensa da época sinalou que a ópera se estrearía en Barcelona, no Gran Teatre del Liceu, na primavera de 1920, mais os progresos de Baldomir non fixeron posible a estrea nesa data e finalmente atrasouose ata 1922, mudando a cidade da estrea a Madrid. Con todo, a oposición dos fillos de Curros a realizar a adaptación musical da obra de seu pai fixo que finalmente a ópera non se chegase estrear.

                                               

Isabel Muñoz (fotógrafa)

Isabel Muñoz Vilallonga, nada en Barcelona en 1951, coñecida como Isabel Muñoz, é unha fotógrafa española recoñecida con algúns dos máis prestixiosos premios nacionais e internacionais: dous World Press Photo, en 1999 e en 2004, PhotoEspaña e Medalla ao Mérito das Belas Artes en 2009, e Premio Nacional de Fotografía de España 2016. A súa obra caracterízase por unha procura constante da beleza e a linguaxe dos corpos, polo que algúns a chamaron "retratista do corpo".

                                               

José Antonio Navalón

José Antonio Navalón, nado en Madrid o 7 de agosto de 1941 e finado en Puerto Real o 23 de xuño de 2017, foi un pintor e poeta español, activista cultural e defensor do medio ambiente en España e México. Conseguiu unha sentenza exemplar respecto da contaminación acústica en Andalucía. En 2012 foi Premio Estatal de Poesía de Tamaulipas.

                                               

O nacemento de Venus

O nacemento de Venus é unha pintura a témpera sobre lenzo de liño de Sandro Botticelli. Feita para a Vila Castello dos Médici, a obra está conservada na Galería Uffizi de Florencia. Obra emblemática do Renacemento italiano, a miúdo asumida como símbolo da propia Florencia e da súa arte, quizais antigamente estaba conectada coa famosa Primavera de Botticelli, coa que comparte procedencia, formato e algunhas referencias filosóficas. Representa unha das máis altas creacións da estética da pintura florentina, e un ideal universal de beleza feminina da época.

                                               

Sociedade Filharmónica Ferrolá

A Sociedade Filharmónica Ferrolá é unha asociación cultural galega da cidade de Ferrol que ten como obxectivo a divulgación e a promoción da música clásica. Foi fundada en 1949. Dende 2019 está presidida por Flor Castro Rascado.

                                               

Pintura flamenga primitiva

A pintura flamenga primitiva, coñecida tradicionalmente tamén como pintura holandesa temperá, os primitivos holandeses, primeiros holandeses, primitivos flamengos, ou do gótico flamengo etc, refírese ao traballo de artistas activos nos Países Baixos de Borgoña e Habsburgo durante o período do Renacemento nórdico do século XV e XVI. Floreceu especialmente nas cidades de Gante, Bruxas, Tournai, Malinas, Lovaina, e Bruxelas, todas na actual Bélxica. O período comeza aproximadamente con Robert Campin e Jan van Eyck na década de 1420 e dura polo menos até a morte de Gerard David en 1523, aínda ...

                                               

Vampire: The Masquerade

Vampire: The Masquerade é un xogo de rol. Foi creado polo autor estadounidense Mark Rein-Hagen como o primeiro xogo de rol da compañía White Wolf Game Studio. O xogo trata sobre da existencia de vampiros na idade contemporánea, nun mundo de ambiente gótico-punk, semellante ao noso pero máis escuro, e foi o primeiro dunha serie de xogos protagonizados por diferentes creaturas sobrenaturales do mundo e que recibe o nome de Mundo das Tebras. O subtítulo do xogo: A Mascarada, fai referencia á principal das seis leis da secta de vampiros coñecida como a Camarilla, cuxo principal obxectivo é esc ...

                                               

Pintura da Roma Antiga

A pintura romana antiga é un tema da historia da pintura aínda pouco comprendido, pois o seu estudo vese dificultado pola escaseza de reliquias. Gran parte do que sabemos hoxe sobre a pintura romana débese a unha traxedia natural. Cando o volcán Vesuvio entrou en erupción ano 79 d. C. soterrou dúas prósperas cidades, Pompeia e Herculano. Grande parte da poboación pereceu, pero os edificios conserváronse parcialmente baixo cinzas e lava endurecidos, e con eles as súas pinturas murais decorativas. A partir do estudo desta colección remanente é que se puido formar un panorama suxestivo da fér ...

                                               

Escultura barroca

A escultura barroca é a escultura asociada ao estilo barroco do período comprendido entre principios do século XVII e mediados do século XVIII. As súas características xerais son: Integración na arquitectura barroca, que proporciona intensidade dramática. A pesar da identificación do Barroco cunha "arte da Contrarreforma", adecuada ao sentimento de devoción popular, a escultura barroca, incluso nos países católicos, tiña unha gran pluralidade de temas A principal manifestación é a estatuaria, empregada para a ornamentación de espazos interiores e exteriores de edificios, así como espazos a ...

                                               

Chico Mendes

Francisco Alves Mendes Filho, máis coñecido como Chico Mendes, nado en Xapuri, Brasil, o 15 de decembro de 1944, e finado no mesmo concello o 22 de decembro de 1988, foi un recolector de caucho, sindicalista e activista ambiental brasileiro. Loitou de maneira pacífica contra a extracción de madeira e a expansión dos pasteiros sobre a Amazonía ata que foi asasinado por rancheiros.

Cidade da Cultura de Galicia
                                     

ⓘ Cidade da Cultura de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico que se atopa no monte Gaiás, na cidade de Santiago de Compostela, pertencente á Xunta de Galicia. As funcións dos edificios son múltiples, dende a Biblioteca e Arquivo de Galicia ou o Museo Centro Gaiás que se adican á difusión, conservación e investigación cultural, a edificios como o CINC ou o CEM, centrados na tecnoloxía e o emprendemento empresarial. Ten tamén unha extensa rede de áreas verdes para practicar deporte e pasar tempo de lecer.

No eido da cultura, a súa programación incluíu nestes anos exposicións, concertos, teatro e todo tipo de charlas e encontros con artistas e divulgadores culturais.

Na actualidade, o complexo está rematado e en funcionamento, agás o edificio Fontán, que ten previsto o seu remate durante o ano 2021. O complexo foi construído por Copasa e Necso Acciona, San José con Dragados ACS, e FCC. O seu orzamento era de 108 millóns de euros, a súa construción custou uns 300 millóns de euros, o custo total tería sido duns 500 millóns se fose rematado seguindo o plan orixinal do seu arquitecto, Peter Eisenman.

                                     

1.1. Arquitectura Concurso

O proxecto de construción da Cidade da Cultura de Galicia naceu ano 1999 cando a Xunta de Galicia convocou un concurso internacional para escoller o proxecto que rexería a súa construción no monte Gaiás. É a propia Xunta quen convida a Ricardo Boffil, Peter Eisenman, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steven Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Santiago Calatrava, Dominique Perrault e César Portela. Aínda que Santiago Calatrava e o seu estudio finalmente non van tomar parte no concurso.

Unha vez avaliadas tódalas propostas, elixiuse o proxecto do grupo Eisenman Architects, atendendo, segundo o fallo do concurso, "A súa singularidade tanto conceptual como plástica, e súa excepcional sintonía co lugar".

                                     

1.2. Arquitectura O arquitecto

Peter Eisenman é un prestixioso arquitecto estadounidense membro do grupo Five Architects de Nova York. Licenciado en Arquitectura pola Universidade Cornell, Eisenman é doutor en Filosofía pola Universidade de Cambridge e en Belas Artes pola Universidade de Chicago. Impartiu docencia nalgunhas das universidades máis prestixiosas do mundo, como Harvard, Cambridge, Princeton, Yale e Ohio. En 1980 estableceu un estudio de arquitectura de seu na cidade de Nova York.

                                     

1.3. Arquitectura Proxecto

Cidade da Cultura é un complexo englobado dentro da arquitectura deconstrutivista. Deseñado a partir da mestura de diferentes ideas por parte de Peter Eisenman.

A idea fundamental é a idea da montaña. Os edificios están situados na parte máis alta do monte Gaiás e compórtanse como unha cima artificial para unha montaña natural. Ademais, non só imitan as formas da montaña senón que se funden coa propia orografía do terreo relacionando o edificio coas teses do land Art e tamén coa obra do italiano Alberto Burri no Cretto de Gibellina en Sicilia.

Están presentes tamén en todos os edificios a superposición de tramas ou grellas, algo que vai a ser común na obra de Peter Eisenman como se pode ver no seu Memorial os Xudeus Asasinados en Europa de Berlín, onde traballa sobre a mesma idea. As grellas están presentes en todos os elementos arquitectónicos do complexo, nos pavimentos, nos muros e incluso nas superficies acristaladas.

Eisenman réndelle tributo á cidade histórica de Santiago superpoñendo a súa trama urbana sobre o monte Gaiás e estabelecendo paralelismos entre elas. No deseño orixinal, incluíu unha referencia xacobea dándolle a todo o complexo unha forma semellante á dunha cuncha de vieira, pero as diferentes modificación que sufríu o proxecto fixeron que hoxe non se poida apreciar.

O arquitecto parte destas ideas para artellar os volumes do complexo e posteriormente preocúpase de asignarlle unha función específica a cada un deles. Peter Eisenman recolle no seu libro Codex, publicado en 2005, todo o seu discurso teórico en torno ó deseño da Cidade da Cultura.



                                     

1.4. Arquitectura Obras e redefinición

As obras de construción do complexo comezaron ano 2001, dous anos despois da convocatoria do concurso, cun presuposto inicial de 108 millóns de euros. Nun primeiro momento a Cidade da Cultura estivo formada por seis edificios. O tamaño das obras, o desfase entre o custo real e o presupostado e a tardanza na execución das obras espertaron movementos de oposición a este proxecto, que era cualificado de faraónico por organizacións cidadás e profesionais.

Tralo cambio de goberno na Xunta de Galicia, en agosto do ano 2005 a nova Consellería de Cultura e Deporte decidiu redefinir o proxecto co fin de darlle un xiro ao uso dos edificios que beneficiase ao conxunto global do proxecto de Eisenman. O 26 de decembro de 2006 presentouse no Parlamento Galego o novo proxecto de usos da Cidade da Cultura.

Cando se presentou o proxecto de redefinición, parte das obras da Cidade da Cultura xa estaban nunha fase avanzada da súa execución: o edificio da hemeroteca atopábase practicamente rematado, o da biblioteca na metade da súa construción e o Museo da Historia de Galicia nun terzo construído. O traballo de redefinición do proxecto concentrouse, logo da presentación da redefinición, nos usos e contidos dos edificios do Teatro da Música e o Edificio de Novas Tecnoloxías, aínda en fase inicial de construción. Así, no mes de xaneiro de 2006, a Consellería de Cultura e Deporte anunciou a suspensión das obras do Teatro da Música e do edificio das Novas Tecnoloxías por un período de catorce meses. Neste tempo a Consellería contactou con sectores vencellados coa cultura de Galicia para levaren a cabo a redefinición estrutural destes edificios, entre outros co Consello da Cultura Galega e co Museo do Pobo Galego.

Tras a toma de posesión do goberno bipartito o parlamento galego constituíu unha comisión de investigación para esclarecer a xestión do anterior goberno. Dita comisión emitiu as súas conclusións en decembro do 2007, propoñendo enviar o seu ditame ao ministerio fiscal. A loita política chegou ata os tribunais, ao presentar a CIG unha denuncia contra altos cargos do goberno anterior polas presuntas irregularidades cometidas na xestión da Cidade da Cultura, e que finalmente foi arquivada.

O custo final do proxecto foi de 475.9 millóns de euros, máis de catro veces o orzamento inicial.

As obras de construción da Cidade da Cultura foron obxecto de atención do programa Extreme Engineering, emitido en Discovery Channel, que se centra en presentar proxectos arquitectónicos de enxeñería caracterizados polo seu tamaño ou dificultade excepcionais.

                                     

2. Edificios e funcións

O complexo do Gaiás ocupa unha superficie de 141.800 metros cadrados. Segundo as previsións actuais, constará dos seguintes edificios:

  • As Torres Hejduk: Como o propio nome indica son obra do estadounidense John Hejduk que se empregan como espazo expositivo. Unha das torres conta cun sistema de iluminación que a fai visible pola noite desde boa parte da cidade de Santiago.
  • Edificio Fontán: É o único edificio aínda en construción e agárdase que estea rematado ano 2021. Recibe o seu nome do xeógrafo Domingo Fontán e nel instalarase o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ademais do futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais. Está deseñado polo arquitecto Andés Perea e asentarase sobre a estrutura do inacabado Teatro da Música, suspendidas as obras no 2011 por mor da crise económica ata o 2014.
  • Centro de Emprendemento CEM: É un edificio adicado fundamentalmente ó emprendemento dos sectores cultural e tecnolóxico ten un esparzo de co-working e un viveiro de empresas. Tamén é a sede da Axencia Galega de Industrial Culturais AGADIC. Conta con 11.225 m² útiles. Foi inaugurado punto coa Biblioteca e Arquivo de Galicia o 11 de xaneiro de 2011.
  • Biblioteca de Galicia e Arquivo de Galicia: As dúas institucións comparten o edificio que conta con 15.702 m² útiles. A biblioteca ten como obxectivo ser a cabeceira do sistema de bibliotecas galegas, representando o sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. Pola súa banda o arquivo é o centro de referencia do sistema galego de arquivos e ten como misión a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos que, polo seu valor, necesiten ser conservados. Támén contén delegacións de entidades como o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia. Ten un espazo expositivo e un auditorio de pequenas dimensións bautizado Neira Vilas en homenaxe ó escritor de Vila de Cruces. O edificio foi inaugurado polo Príncipe de España, Filipe VI, xunto co CEM, o 11 de xaneiro de 2011.
  • Museo Centro Gaiás: Conta con 20.734 m² útiles. O seu programa de usos inclúe un proxecto museográfico dedicado ao pasado e presente de Galicia, e albergará exposicións temporais e actividades de formación e divulgación. O edificio foi inaugurado o 31 de outubro de 2011 pero ata o mes de xuño de 2012 non comezou a estar en funcionamento, ó ser inaugurada o 15 de xuño a exposición "Gallaecia Petrea". Non se trata dun museo, senón dun centro expositivo, pois carece de colección propia e non posúe decreto de creación como museo.
  • Centro de Innovación Cultural CINC é a sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia AMTEGA e do Centro de Procesamento de Datos Integral CPDI. Posúe tamén dous auditorios de pequeno formato e un salón de conferencias.

A maiores o Gaiás conta cunha rede de espazos verdes para uso deportivo ou de lecer. A meirande parte do seu deseño está tutelado pola arquitecto paisaxista galega Isabel Aguirre e a Fundación Juana de Vega.

  • Bosque de Galicia: É a área mais grande da Cidade da Cultura e ocupa 24 hectáreas da aba oeste do monte Gaiás. Repobouse con especies autóctonas como castiñeiros, bidueiros, espiños, carballos, abeleiras, freixos ou faias.
  • Xardín Literario: Construirase sobre o que iba a ser o Centro de Arte Internacional e destacará pola súa lagoa.
  • Xardín do Teatro: Deseñado polo estudio de arquitectura RVR contento un auditorio ó aire libre, un rocodromo e unha pista de skate. Xunto co edificio Fontán ocupan a parcela do Teatro da Música diseñado por Eisenman e que foi cancelado.
  • Parque da Balea: É un parque infantil que se artera en torno a unha estrutura inspirada nun carro de Urbano Lugrís que se atopa na Casa dos Pescadores de Malpica. Foi creado por RVR arquitectos.
  • Parque do Lago: Esta área recuperou unha balsa de auga creada durante a construción dos edificios para decantar a agua das obras e convertiuno nunha nova zona de lecer de máis de 4000 metros cadrados.
                                     

3.1. Eventos Música

Bjork actuou en Cidade da Cultura en xullo de 2012. Sendo un dos primeiros eventos multitudinarios en acollerse no recinto.

Durante o verán existe unha programación de concertos aire libre que se ven realizando dende o ano 2012 baixo o nome de Atardeceres no Gaiás. Polo escenario do complexo temen pasado entre outros; Fanfarlo, Toy, Tachenko, Caxade, Manel, Los Punsetes, María Rodés, La Habitación Roja, León Benavente, Novedades Carminha, Mucho, Malandrómeda, C. Tangana, Boyanka Kostova, Triangulo de Amor Bizarro, Nudozurdo, Terbutalina, Espanto, Familia Caamaño, Oh! Ayatollah, Rodrigo Cuevas, Las Odio, Agoraphobia ou De Vacas.

Noutros espazos e ciclos de programación visitaron a Cidade da Cultura, Carlos Nuñez, Noa, Chick Corea, María Arnal e Marcel Begues, Milladoiro, Siniestro Total, Os Resentidos, Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Galega de Cámara, Amancio Prada, Ugía Pedreira, Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño, Cristina Pato, Uxía Senlle, Davide Salvado ou Leilía entre outros.

O Museo Centro Gaias tamén albergou dúas edicións a feira internacional de músicas do mundo Womex.



                                     

3.2. Eventos Artes escénicas

Escenas do Cambio é un festival de teatro e danza que produce a Cidade da Cultura centrado na creación contemporánea. Esther Ferrer, Isidoro Valcárcel, Medina, Mithkal Alzghair, Tiago Rodrigues, Israel Galván, Voadora, Takao Kawaguchi, Chévere ou Rodrigo García entre outros moitos artistas e compañías formaron parte da programación do festival. Aínda que o Museo Centro Gaiás é a sede principal do festival, algunhas pezas represéntanse noutros lugares da cidade como o Salón Teatro ou o Teatro Principal.

Cidade Imaxinaria é unha actividade que xira en torno o mundo do circo e que congrega a varios milleiros de persoas en cada edición. Vense celebrando desde o ano 2012.

O 29 de xullo de 2020 actuou a compañía catalana La Fura dels Baus co seu novo espectáculo NN Nova Normalidade no que se busca homenaxear ás persoas que combaten a Covid-19.

                                     

3.3. Eventos Exposicións

O principal espazo expositivo da Cidade da Cultura é o Museo Centro Gaiás, que non posúe unha colección de seu e que acolle e organiza exposicións temporais. Dende a primiera exposición en 2012 asaron polo Museo Centro Gaiás:

  • Agua Doce que empregando a auga como fío condutor trataba diferentes temas antropolóxicos e artísticos.
  • Cinegalicia 25 na que aproveitando os 25 anos da estrea de Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal facía un percorrido polo audiovisual galego.
  • Da árbore á cadeira adicóuselle o mundo da madeira e o deseño.
  • Camilo José Cela: 1916-2016. O Centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade. Sobre o ganador no Nobel.
  • Pensar coas mans foi unha exposición que xirou arredor do mundo da artesanía en Galicia.
  • José Suárez, uns ollos vivos que pensan. Exposición monográfica sobre o fotógrafo de Allariz
  • Gallaecia Petrea, un percorrido polo traballo en pedra en Galicia dende a prehistoria ata a escultura contemporánea.
  • Galicia Universal un percorrido pola arte galega.
  • Flor Novoneyra. unha exposición individual a Antón Lamazares na que este traballaba sobre a poesía de Uxío Novoneyra.
  • Castelao Maxistral unha mostra de diversos traballos de Castelao relacionados coa ensinanza, que inclúe A derradeira leición do mestre, sendo esta a primeira vez que se expón fóra de Buenos Aires.
  • Con-Fío, en Galicia un percorrido pola historia do téxtil galego.
  • Galicia, un relato no mundo, cun percorrido pola historia de Galicia.
  • Códices na que estivo exposto xunto a outros códices o Códice Calixtino.
  • Camiño, a orixe sobre o Camiño De Santiago.
  • Baldomero Pestana, a verdade entre as mans. Monográfica sobre o fotógrafo de Castroverde.
  • Orinoco, que percorría o río suramericano e afondaba no coñecemento das tribos que habitan nun dos lugares máis remotos do planeta.

As Torres Hejduk tamén se empregan como espazo expositivo, convidando a artistas en activo a intervir os propios edificios. A Biblioteca e Arquivo de Galicia tamén organiza exposicións nas que xeralmente traballan con material que as propias institución teñen nos seus fondos para poder amosalas o público.

Puntualmente tamén se empregan os espazos o aire libre para organizar exposicións como foi o caso de Inside en 2011 ou Reveladas na Paisaxe en 2018 e 2019.

                                     

3.4. Eventos Deporte

A derradeira etapa de La Vuelta do ano 2014 foi unha loita contra o reloxo individual de 9 quilómetros con saída na Cidade da Cultura e chegada na Praza do Obradoiro. O gañador da etapa foi o italiano Adriano Malori e a clasificación xeral foi para Alberto Contador. A etapa foi infrecuente non só porque tradicionalmente La Vuelta remata en Madrid, senón tamén porque a choiva fixo que os ciclistas afrontasen a etapa con medo ás caídas.

O 5 de outubro de 2018 inaugurouse "Castelao Maxistral". Entre os días 3 e 15 de novembro do mesmo ano a Cidade da Cultura acolleu o Mundial de Xadrez Cadete, con participantes de ata 12 anos de idade.

ano 2011 o Gaiás estivo preto de acoller as semifinais da Copa Davis entre España e Francia aínda que finalmente esta organizou en Córdoba.

                                     

4. Comunicación

Ten unha única liña de autobús que a comunica co centro da cidade, a liña 9 Cidade da Cultura-Casas Novas só os días laborais. Tamén está comunicada coa liña circular 11, que a comunica tamén co centro só as fins de semana e festivos.

                                     

5. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina web da Cidade da Cultura
  • "Spain in crisis: Broken visions dot Galicias landscape" BBC, 2/8/2012 en inglés
  • "La BBC pone al Gaiás como ejemplo de la burbuja española", La Voz de Galicia, 4/8/2012 en galego.
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →