Back

ⓘ Primeira Galicia. A Primeira Galicia é a sexta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Preferente Galicia e por encima da Segunda ..



                                               

Cartas de Iwo Jima

Cartas de Iwo Jima é un filme estadounidense en lingua xaponesa de 2006 dirixido e coproducido por Clint Eastwood. Está protagonizado por Ken Watanabe e Kazunari Ninomiya. O filme representa a batalla de Iwo Jima dende a perspectiva dos soldados xaponeses e complementa outra obra de Eastwood, Bandeiras de nosos pais, que relata a mesma batalla dende a perspectiva dos estadounidenses. Os dous filmes foron rodados de maneira paralela. Cartas de Iwo Jima está rodado case completamente en xaponés malia ser producido polas compañías estadounidenses DreamWorks Pictures, Malpaso Productions e Amb ...

                                               

Bea Seijas

Beatriz Seijas Couce, nada en Ferrol o 15 de marzo de 1974, é unha ex xogadora de fútbol sala e adestradora galega. Xogaba de á-peche e tivo unha longa carreira desenvolvida en tres equipos, o Sal Lence, o CD Ourense e o Ourense CF, gañando tanto a liga de Primeira División como a Copa de España cos tres clubs. Retirouse aos 45 anos, acumulando no seu palmarés cinco ligas, seis Copas e dous galardóns como mellor xogadora de España. Dende 2020 adestra a selección alevín feminina de Galicia.

                                               

Orquesta de aficionados de la Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos de La Coruña

A Orquesta de aficionados de la Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos de La Coruña foi unha orquestra da cidade da Coruña, considerada a primeira orquestra sinfónica de Galicia. Fundada en 1847, trátase da única formación destas características no século XIX en Galicia. Entre os seus integrantes figuran nomes destacados da música na cidade, como Canuto Berea, Pancho Pillado, Juan Scichka ou o que era concertino en 1888 Julio Veiga Valenzano, fillo de Pascual Veiga e Juana Valenzano, que era filla dun dos fundadores da sección de música en 1847, Matías Valenzano, quen tocou tamén o ...

                                               

Toque de queda

O toque de queda ou toque de recollida é a prohibición decretada por un goberno ou autoridade de que a poboación permañeza na rúa após unha determinada hora. Historicamente foi empregado en Europa durante o período entre guerras, na que, despois dunha determinada hora, soaba unha sirena para que as persoas se dirixisen aos seus domicilios. O toque de recollida considérase unha limitación ou restrición da liberdade de circulación, considerado internacionalmente coma un dereito humano fundamental.

                                               

Rally da Coruña de 2021

O Rally da Coruña de 2021 foi a 25ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 2021 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 29 de maio e os vencedores foron Víctor Senra e David Vázquez, que lograron o seu terceiro triunfo, o segundo consecutivo.

                                               

Aragonta González

Aragonta González, nada en Galicia c. 900/908 e finada en Salceda de Caselas?, c. 977, foi unha nobre galega, brevemente raíña consorte de León polo seu matrimonio con Ordoño II, de quen foi esposa durante pouco máis dun ano.

                                     

ⓘ Primeira Galicia

A Primeira Galicia é a sexta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Preferente Galicia e por encima da Segunda Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol.

                                     

1. Sistema de competición

Desde a tempada 2012-13, a categoría está formada por 90 equipos repartidos en cinco grupos de 18:

  • Grupo 1 e Grupo 2, formados por equipos da provincia da Coruña. O primeiro acolle a parte norte a o segundo, a área de influencia de Santiago de Compostela, incluíndo clubs do norte da provincia de Pontevedra, principalmente de Tabeirós e Deza.
  • Grupo 5, formado por equipos da provincia de Pontevedra.
  • Grupo 4, formado por equipos da provincia de Ourense.
  • Grupo 3, formado por equipos da provincia de Lugo.

Ata a tempada 2011-12, a categoría estaba formada por catro grupos, un por provincia, de 18 equipos cada un.

Ao finalizar a tempada, os primeiros e segundos de cada grupo ascenden á Preferente Galicia, excepto nos grupos 1 e 2, onde os segundos teñen que xogar unha promoción entre si, e no grupo 5, onde sobe tamén o terceiro clasificado. Os tres últimos descenden á Segunda Galicia, aínda que dependen dos ascensos e descensos das categorías superiores.

Esparabán
                                               

Esparabán

O baile do esparabán documentouse na zona do Incio. É un baile en parellas dividido en dúas partes, unha primeira na que se baila un pasodobre, e unha segunda, a ritmo de muiñeira, na que as parellas se desprazan facendo un paso cabalgado. É moi similar á muiñeira corrida, diferenciándose desta só pola existencia dun desprazamento lateral nas partes da muiñeira.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →